Data d’emissió: 01 d’oct., 2014

Culturas antiguas. Menorca Talayótica

CONSULTA TARIFES

Culturas antiguas. Menorca Talayótica

HISTÒRIA

CULTURAS ANTIGAS

Os poboadores que ocuparon a Península Ibérica e os territorios insulares hai milleiros de anos son homenaxeados cunha nova serie dedicada ás Culturas Antigas, como os poboados talaióticos e a taula de Torretrencada, en Menorca, mostra destas culturas ancestrais. O selo inclúe un elemento innovador, un lixeiro po de pedra calcaria da zona na que se atopan os monumentos.
A illa de Menorca estivo poboada dende tempos moi remotos, algún historiadores fixan a existencia de covas e enterramentos, en penas e acantilados das costas, dende a Idade de Ferro, diferenciando distintas etapas na historia insular. Os monumentos máis característicos das culturas antigas que poboaron a illa son os talaiots, as taulas e as navetas.
As navetas son monumentos megalíticos funerarios, osarios colectivos. Toman o nome da súa parte exterior, que semella unha nave invertida. Acostuman ser de planta alongada, terminada nun ábsida e cunha cámara interior. A súa presenza indica a existencia de núcleos de poboación. A máis famosa é a Naveta des Tudons, cerca de Ciutadella.
A cultura talaiótica, representada por poboados con monumentos ciclópeos de pedra sen argamasa, son propios das illas de Mallorca e Menorca. Os talaiots son como amplas torres troncónicas cunha pequena cámara interior, e poden atoparse illados o en conxunto dentro dos poboados. Non está moi clara a función que cumprían, xa que non se conserva ningún completo para aprecialos con exactitude. Podería tratarse dunha torre de vixilancia usada con fins defensivos que, á vez, podía ter fins funerarios. As dependencias dos xefes da tribo atópanse arredor, polo que tamén parece probable que fose o centro das vivendas dos mesmos. Na illa de Menorca existen máis de 200 monumentos.
As taulas son monumentos característicos e exclusivos da illa de Menorca. Constan dunha grande rocha tallada suxeita no chan e rematada por outra en posición horizontal, formando unha construción en forma de T maiúscula. Pénsase que poderían ser os puntos de apoio das estruturas arquitectónicas ou ben ter unha finalidade simplemente relixiosa.
A taula de Torretrencada, no poboado talaiótico do mesmo nome, conta cunha columna de reforzo na parte posterior, pero os muros do recinto desapareceron case por completo. Foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1966.