Filatelia Online

Cada selo conta unha historia, abónate á nosa Filatelia e descúbreas todas.

Fai o teu pedido

Rexístrate no apartado Mi Oficina para  personalizar a túa compra.
Indica cantas unidades desexas de cada produto.
Realiza o pagamento para completar o proceso de compra. Moi  pronto recibirás os teus produtos!

A Filatelia de Correos pode adquirirse mediante abono, mediante pedido esporádico a través da canle de atención ao cliente de Filatelia ou por pedido a través de Mi Oficina, só terás que rexistrarte de xeito seguro, sinxelo e gratuíto.

Unha vez completada a solicitude, recibirás un correo electrónico co código da túa solicitude. En caso de que non te tiveses rexistrado anteriormente, indicarémosche un nome de usuario e un contrasinal para que poidas identificarte e empezar a xestionar todas as túas operacións con Correos sen moverte da túa casa.

Abónate se queres recibir unha gran variedade de produtos periodicamente na túa casa e con todas as comodidades:

  • Emisións de selos de España e Andorra. Recibirás estas emisións trimestralmente.
  • Libro anual Emisións España e Andorra CON/SEN selos. Chegará ao final de cada ano.
  • Sobres de primeiro día de circulación España e Andorra, que recibirás cada tres meses.
  • Probas de artista trimestrais.
  • Emisións conxuntas trimestrais.
  • Tarxetas prefranqueadas trimestrais.  
  • Pregos premium, que chegarán trimestralmente.
  • Etiquetas franqueadoras ATM. Recibirás anualmente un informe que agrupa todas as emisións de etiquetas ATM do ano.
  • Euroset. Recibirás este servizo unha vez ao ano, xeralmente no primeiro semestre do ano.
  • Estoxo selección moedas anual. Recibiralo normalmente ao principio de cada ano.
  • Abono a cuño. Solicítao na oficina de Filatelia. 

Ao final de cada trimestre recibirás todos os produtos emitidos durante o trimestre, sen necesidade de estar pendente da súa publicación nin de ter que realizar pedidos.

E sen risco de que se esgoten!

Ademais, contarás cun montón de vantaxes:

  • Produtos exclusivos para abonados.
  • Descontos en produtos de abono.
  • Descontos noutros produtos publicados de xeito esporádico.
  • Descontos en Campañas que se lanzan ao longo do ano.
  • Regalo Proba Calcográfica ao chegar o Nadal.
  • Sorteos trimestrais.
  • Revista filatélica trimestral “Sellos y mucho más”.
  • Convite a Presentacións de Selos (actos oficiais en edificios históricos).
  • Convites a Feiras filatélicas, Exposicións e Museos.

Consigue todos os produtos filatélicos que queiras. Recibiralo no teu domicilio en só uns días! 

En Correos utilizamos os procedementos máis eficientes para que os gastos de envío e de manipulación sexan os máis vantaxosos para ti.

Recorda estar pendente de todas as novidades que imos publicando!