Data de emisión: 01 maio 2017

Libro: Selos de película

CONSULTAR TARIFAS

Libro: Selos de película

HISTORIA

Ver tamén o VÍDEO "SELOS DE CINE"

Preséntase un libro no que a filatelia e o cine español se dan a man.

De Charlot a Darth Vader pasando polo cine español. A historia do cine español a través dos selos de Correos.

Os textos describen amplamente a historia do cine década a década, dende as súas orixes en 1896 ata 2017. Iníciase cun selo dedicado ao cine internacional que conmemora o centenario do nacemento dunha icona universal como Charlot e outro do nacemento da invención do cinematógrafo polos irmáns Lumière. Remata cun personaxe da saga Star Wars.

Encontraremos algúns dos mellores actores, actrices e directores. Veremos películas españolas premiadas con Oscar, premios Goya e festivais cinematográficos españois. O punto de partida márcao o selo“A saída de misa de doce do Pilar de Zaragoza” onde se filmou a que tradicionalmente se considerou a primeira película do cine español.

Ilustrado con gran número de fotografías de alta calidade que recollen secuencias das películas máis importantes da historia do cine español, así como fotografías relacionadas co cine. Tamén se dedica un apartado a reproducir interesantísimos carteis sobre o cine.

Mostra reproducións dos 41 selos que Correos dedicou ao cine ata a data. Coas súas características técnicas completas.

Dos cales, o libro inclúe os seguintes 24 selos, con máis de 20 € de valor facial:

Cine: Francisco Rabal, Iciar Bollaín, Julio Medem

17/11/2002

O Cine. Alfredo Landa, Belén Rueda, Concha Velasco

09/10/2006

Goya á mellor película. Celda 211

09/03/2010

Agora gañadora de 7 premios

05/04/2010

José Luis López Vázquez

06/07/2010

Premio Goya 2011 á mellor película. Pa negre

26/04/2011

Luís García Berlanga. (1921-2010) director

22/07/2011

Rafael Azcona (1926-2008) guionista

22/07/2011

Fernando Rey (1917-1994) e Don Quijote de la Mancha

26/04/2012

Paco Rabal (1926-2001) e Los santos inocentes

26/04/2012

Premio Goya 2012 á mellor película. No habrá paz para los malvados

26/04/2012

Rafael Gil, Fernando Fernán Gómez, Tony Leblanc

08/04/2013

Manolo Escobar (1931-2013)

11/07/2014

Sara Montiel (1928-2013)

11/07/2014

Alfredo Landa (1933-2013)

11/07/2014

José Luis Borau

01/04/2015

Paco Martínez Soria

01/04/2015

Festival de San Sebastián

17/09/2015

Amparo Rivelles

24/10/2016

Semana Internacional do cine - Valladolid

24/10/2016

LINA MORGAN

25/05/2017

VICENTE ARANDA

25/05/2017

FESTIVAL CINE MÁLAGA

17/03/2017

CINE STAR WARS. Darth Vader(impresión lenticular sen movemento)

23/05/2017

O libro preséntase na XLIX Feira Nacional do Selo o 25/05/2017

4

4

4

4

4

4

Imaxes: