Produtos

Emisións de selos

Son signos de franqueo que serven para divulgar os acontecementos culturais, sociais, históricos e en xeral a promoción e imaxe dun país. Existen algunhas emisións conxuntas con outros países. Móstranse por orde de data de emisión, a emisión máis recente aparece en primeiro lugar.
MÁIS INFO

Cuño

A orixe dos cuños respondeu á inutilización da taxa de franqueo; ao longo dos anos adquiriu outro valor polo seu relevante impacto no coleccionismo filatélico, ao representar a súa inscrición unha comunicación dos grandes acontecementos, dos valores e dos logros da nosa sociedade, que reforza a imaxe e presenza do selo de Correos.
MÁIS INFO

Sobres de Primeiro Día

Son sobres con selo ou selos cancelados cun cuño especial do primeiro día de circulación oficial dunha emisión. O anverso ilústrase cun motivo relativo ao tema da emisión. No sobre adhírese o selo que constitúe a emisión e estámpase o cuño de primeiro día de circulación.
MÁIS INFO

Etiquetas franqueadoras ATM

As etiquetas franqueadoras de correspondencia son un elemento de coleccionismo filatélico que ofrecen numerosos países da nosa contorna (Francia, Bélxica, Portugal, Noruega, Reino Unido...) e que Correos deixou de ofrecer en 2006 ao retirarse as máquinas Epelsa.
MÁIS INFO

Probas de artista

Trátase de pezas únicas pola súa tiraxe limitada, o seu excepcional tratamento e valor estético.
MÁIS INFO

Tarxetas Prefranqueadas

Trátase de tarxetas postais que levan o franqueo impreso. O signo de franqueo vai expresado con letras, con validez temporal ilimitada.
MÁIS INFO

Filatelia e Numismática

Carpetas, dípticos e trípticos con selos e moedas coa garantía da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Estoxo Moedas de Colección e Euroset.
MÁIS INFO

Libros e gravados

Conxunto de libros emitidos por Filatelia de Correos onde se atopan o produto estrela Valores no Tempo, unha gran variedade de libros temáticos (gastronomía, deporte, cultura...) así como os gravados cunha calidade excepcional e alto valor artístico.
MÁIS INFO

Impresións publicitarias

Son inscricións, textos e/ou ilustracións de carácter publicitario que, a xeito de cuño, se instalan nas máquinas canceladoras de Correos. Ao reflectiren habitualmente feitos ou outros temas relevantes, forman parte de coleccións prestixiosas.
MÁIS INFO