Son selos autoadhesivos de valor variable ou selos cancelados cun cuño especial do primeiro día de circulación oficial dunha emisión.
As etiquetas franqueadoras de correspondencia son un elemento de coleccionismo filatélico que ofrecen numerosos países da nosa contorna (Francia, Bélxica, Portugal, Noruega, Reino Unido...) e que Correos deixou de ofrecer en 2006 ao retirarse as máquinas Epelsa.
Correos adquiriu un “PUNTO FILATÉLICO ATM” dispensador de etiquetas de papel térmico, autoadhesivo e que permite marcar o franqueo coas tarifas1 A, A2, B e C. Instálase por primeira vez na Feira Nacional do Selo 2016, Madrid 21 a 24 de abril.
Uso da máquina autoservizo: En “eventos” concretos (Feiras de coleccionismo, exposicións etc.) ou ben en “situación fixa” vestíbulo do CCP Chamartín - Avda. Pío XII, 108 Madrid (pode utilizarse polo público en xeral. Horario: L-V de 9 a14 h). A máquina é moi sinxela de usar.
Cada etiqueta levará imprimida unha secuencia de díxitos. Exemplo: B9ES16 ES01-0001-001, que identifican: B: modalidade de máquina, 9: mes, ES: país, 16: ano, ES01: número de máquina, 0001: número de sesión (díxitos que se van incrementando con cada compra), e 001: número da etiqueta dentro da sesión (máximo de 875 etiquetas por sesión).
Uso da máquina pedido esporádico: Calquera persoa pode adquirir as etiquetas emitidas ao longo do ano aínda que non acuda a unha feira ou ao CCP Chamartín. Facendo un pedido a pedidos.atm@correos.com por un importe superior a 100 € máis gastos de envío.
No caso de pedido esporádico/aboamento, a secuencia de díxitos de cada etiqueta difire co ATM de autoservizo e corresponderase tamén a un código único por etiqueta. Exemplo para pedidos feitos no mes de setembro: P9ES18 CH18-0001-001, por cada número de pedido/sesión ''0001'' o contador de etiquetas ''001'' irá aumentando, xerando así un código irrepetible.
Estes pedidos non xeran un recibo, senón unha factura emitida por Correos.
Para ámbolos usos, existen seis modalidades de expedición da máquina ( ver detalles ):
- TIRA DE 4 ETIQUETAS: Con posibilidade das 4 tarifas (A, A2, B, C) ou ben 4 etiquetas tarifa A.
- ETIQUETAS INDIVIDUAIS: con calquera das 4 tarifas e polo número de etiquetas que desexe, co motivo que elixa.
Os motivos irán variando segundo o lugar onde se instale.
Impresión térmica que permanece indeleble por un período mínimo de aproximadamente 10 anos.
A máquina permite unha compra máxima de 399,99 € por sesión e só acepta pagamento con tarxeta de crédito ou débito (excluídas American Express e Diners Club).
Deseñouse un CUÑO postal especial para acuñar etiquetas ATM.
O punto filatélico ATM é unha auténtica revolución no mundo do coleccionismo de selos, con utilidades moi novidosas e atractivas, xa que permiten realizar emisións temporais especiais que poden ser adaptadas doadamente ao evento ou localización, ademais de tarifas tamén adaptables.
Tarifas1 As vixentes cada ano publicadas por Correos. Para ano 2019 son: A (0,60 €) , A2 (0,70 €), B (1,40 €) e C (1,50 €)
Todos as etiquetas franqueadoras emitidas nos últimos anos