Data de emisión: 09 febreiro 2015

Fauna. El Rebeco

CONSULTAR TARIFAS

Fauna. El Rebeco

HISTORIA


FAUNA
Isard

Esta emisión está dedicada á fauna pirenaica, cordilleira que configura a orografía andorrana. Un dos exemplares máis característicos das montañas e vales do país veciño é o 'isard' ou rebezo (Rupicapra rupicapra), un bóvido que está presente nalgunhas cadeas montañosas de Europa.

Unha variedade desta especie é a rupicapra pyrenaica que podemos encontrar no Pireneo, a cordilleira Cantábrica ou os Apeninos. Nas cotas máis altas dos Pireneos andorranos podemos ver o rebezo, tamén coñecido como 'sarrio', compartindo o territorio coa marta ou con diferentes especies de rapaces.

Como todos os bóvidos, o isard dispón de cornos, tanto a femia coma o macho. As diferenzas están no seu tamaño e grosor e na forma do corno, máis acentuada coma un gancho no caso do macho. A súa pelaxe varía segundo a época do ano: no verán é dunha tonalidade amarelenta mentres que no frío inverno torna cara ao gris escuro. A cabeza e a gorxa son claras e teñen unha mancha escura que cobre os ollos a xeito de anteface.

Teñen unha lonxitude entre os 110 e 130 centímetros nos exemplares adultos. Están dotados duns pezuños finos cunhas almofadas que ocupan a parte central, o que lles permite subir polas rochas e o xeo sen ningunha dificultade. Os machos adoitan ser máis pesados que as femias.

A súa alimentación é herbívora, no verán gusta de utilizar os altos pasteiros e deambular polas fraguizas e escarpados terreos, onde encontra gramíneas e plantas herbáceas; durante o inverno baixa ata as áreas boscosas e esgalla follas, brotes e mesmo talos leñosos brandos.

Son animais sociais, sobre todo de actividade diúrna, que se moven en pequenos grupos en busca de alimento, separados os machos, ás veces en solitario, das femias coas súas crías. Soamente se reúnen para aparearse, que adoita ser entre outubro e novembro. Durante ese período os grupos de machos seguen ás femias e principian violentas batallas entre eles, cabeza contra cabeza, deste xeito obteñen o maior número de femias para cubrir. A xestación dura ao redor de vinte semanas, xeralmente cunha soa cría por parto, que alcanzará a madureza sexual entre os dous e os catro anos.