Data de emisión: 08 setembro 2017

Personatges. Julià Reig i Ribó

CONSULTAR TARIFAS

Personatges. Julià Reig i Ribó

HISTORIA

Personatges. Julià Reig i Ribó

A serie Personaxes do presente ano rende homenaxe a unha da personalidades máis destacadas da segunda metade do século vinte do Principado de Andorra: Julià Reig i Ribó. Empresario, banqueiro e político de gran relevancia para o Principado xa que impulsou o seu progreso e modernización.

Foi Conseller General de les Valls d'Andorra entre os anos 1948 e 1959, e foi elixido en dúas ocasións Sindic General, a primeira entre 1960-1966 e a segunda entre 1960 e 1978. Durante o seu mandato promoveu a creación da Seguridade Social e a apertura do país ao exterior, ademais de impulsar as reformas políticas e sociais que desembocarían na primeira Constitución do Principado de Andorra no ano 1993.

Na súa faceta empresarial, continuou coa empresa familiar Tabacs Reig, empresa fundada en 1880 polo seu avó Rafael Reig Sans.

Posteriormente fundou a Banca Reig, orientada ao financiamento da actividade empresarial do país. No ano 2001 iniciou a fusión do banco con Banc Agrícol i Comercial d'Andorra, que daría lugar, un ano despois, á fundación do novo banco Andorra Banc Grup Agrícol Reig, que opera a ámbito mundial baixo a marca comercial Andbank.

O legado Julià Reig perdura na fundación que leva o seu nome, institución que entendía como “o encaixe dun empresario na comunidade e a sociedade na que aquel desenvolve a súa actividade”, espírito que inspira os seus sucesores fomentando e patrocinando aquelas iniciativas que, xurdidas da sociedade andorrana, sirvan ao interese xeral.