Data de emisión: 16 maio 2018

Donnes andorranes. Roser Jordana Mallol

CONSULTAR TARIFAS

Donnes andorranes. Roser Jordana Mallol

HISTORIA

Dones Andorranes. Roser Jordana Mallol

A emisión do presente ano da serie Dones Andorranes rende homenaxe a Roser Jordana Mallol, unha das personalidades que máis traballaron a favor da promoción turística do Principado de Andorra, que chegou mesmo a ser considerada como unha “institución do turismo en Andorra”.

O seu labor profesional comezou no ano 1965 cando asumiu a responsabilidade de dirixir a Casa d'Andorra de París. Posteriormente estivo vinculada ao Sindicat d'Iniciativa, onde traballou con tenacidade na divulgación das bondades e excelencias que posúe o Principado, un país polo que sentía verdadeira paixón e que non perdía oportunidade de promover coa naturalidade e espontaneidade que a distinguía.

Tras a súa xubilación e ata o momento do seu falecemento, exerceu de presidenta-delegada da Fundació Clara Rabassa e de vicepresidenta da Aliança andorrano-francesa.

Aqueles que tiveron a oportunidade de traballar con ela ou compartir algúns momentos da súa vida resaltan o seu carácter alegre e xovial e a enorme enerxía que transmitía.

No seu recordo queda a súa capacidade de traballo, a súa perseveranza e o esforzo que dedicaba para conseguir os seus obxectivos, que en moitos casos significaba romper esquemas, pero tamén abrir novos camiños ás xeracións vindeiras.

A súa personalidade e o seu labor fixérona merecedora da homenaxe que lle dedicou o Govern d'Andorra o ano 2009.