Data de emisión: 22 xuño 2018

Les festes del foc del solstici d´estiu als pirineus

CONSULTAR TARIFAS

Les festes del foc del solstici d´estiu als pirineus

HISTORIA

PATRIMONI IMMATERIAL DE LA HUMANITAT. LES FESTES DEL FOC DEL SOLSTICI D’ESTIU ALS PIRINEUS.

Dende o ano 2015, Les festes do foc do solstici d'estiu als Prineus están inscritas como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

As festas do lume do solsticio de verán celébranse todos os anos cando o sol está no seu cénit.

Ao caer a noite, os habitantes das vilas do Pireneo andorrano, español e francés, camiñan dende os cumes das montañas alzando os seus fachos cos que queimarán as piras que constrúen de xeito tradicional.

Esa noite, a xuventude da bisbarra vive un momento moi especial, pois o descenso dende a montaña, entre outras cousas, simboliza o paso da adolescencia á idade adulta.

Á luz das cacharelas báilanse danzas típicas e celébranse grandes lupandas grupais, que serven para compartir experiencias e convértense en momentos inesquecibles.

O acto de acender a cacharela principal da vila é considerado como o máis especial da noite. A honra de prender lume a esa pira pode recaer en diferentes persoas dependendo da localidade. O cura, o alcalde ou o último veciño casado poden ser as persoas elixidas para iso.

O día se

Estas festas séguense celebrando xeración tras xeración e promoven a unión dos pobos e a familia, asegurando a conservación destes costumes que representan a identidade dun lugar tan especial.

Ao día seguinte, os veciños recollen as cinzas das fogueiras que levarán aos seus fogares e esparexerán nos seus hortos e cultivos para protexer así as colleitas.

O selo que se emite recolle unha imaxe que mostra a silueta de persoas que senten o poder hipnotizador do lume, representado polas chamas das cacharelas e os fachos que iluminan a noite andorrana, enchendo de maxia a bisbarra pirenaica e a todas as persoas que teñen a sorte de vivir ese momento.