Data de emisión: 02 xaneiro 2018

Serie Básica

CONSULTAR TARIFAS

Serie Básica

HISTORIA

Serie Básica 2018. Escut d'Andorra

Un ano máis, o primeiro selo que o correo español emite para o Principado de Andorra é da Serie Básica, que ten por motivo o seu escudo de armas, un dos seus símbolos nacionais xunto coa bandeira e o himno nacional.

Esta é, probablemente, unha das series filatélicas máis comúns en todos os operadores postais do mundo, e caracterízase por ser ilimitada, continua e emitida por longos períodos de tempo, ademais de ter un motivo único que se repite ao longo dos anos, onde varía unicamente o seu valor facial e a cor sobre a que se imprime o motivo.

Na emisión deste ano, Correos quixo dar un paso adiante innovando e renovando o deseño do escudo a través da utilización de cores metalizadas que logran dar unha imaxe máis moderna e impactante visualmente.

O escudo do Principado de Andorra estivo formado tradicionalmente pola unión dos emblemas das catro casas, alusivas de dúas en dúas a cada un dos dous copríncipes que rexentaron de xeito conxunto o país, que na actualidade son o bispo de La Seu d'Urgell e o presidente da República francesa.

As catro casas tradicionais son as do bispado de La Seu d'Urgell, representado no cuartel superior esquerdo pola mitra e o báculo, a casa do Condado de Foix, representado no cuartel superior dereito coas tres barras; e as outras dúas casas encóntranse na parte inferior do escudo. No cuartel esquerdo represéntase a casa de Cataluña coas catro barras e, no cuartel dereito, o emblema da casa do Vizcondado de Bearne, coas dúas vacas pasantes postas en pau.

O escudo no seu conxunto queda enmarcado por unha auréola decorativa e a divisa en lingua latina Virtus Unita Fortior.