Data de emisión: 08 setembro 2019

Biennal de Venècia. El futur ès ara

CONSULTAR TARIFAS

Biennal de Venècia. El futur ès ara

HISTORIA

BIENNAL DE VENÈCIA. El futur és ara

Seguindo coa innovación nos selos, non só se innova con novos sistemas de impresión, senón que tamén coas temáticas das emisións. Como aposta pola modernidade, destácase a inclusión da emisión dedicada a arte contemporánea, que este 2019 aparece na serie Biennal de Venècia.

A Bienal de Venecia é considerada unha das máis antigas, importantes e prestixiosas exposicións de arte contemporánea do mundo. A primeira realizouse en 1895, e este ano celébrase a 58 (entre o 11 de maio e o 24 de novembro). O título deste 2019 é Que vivas en tempos interesantes que alude a unha maldición (supostamente) chinesa referida a períodos de incerteza, crise e axitación. “Os tempos interesantes” son exactamente como os que vivimos hoxe en día. Esta edición non terá un tema per se, senón que poñerá de relevo un enfoque xeral da creación artística e unha visión da función social da arte abarcadora tanto do pracer coma do pensamento crítico. Os artistas que traballan deste xeito ofrecen alternativas ao significado dos chamados “feitos”, suxerindo outras formas de conectalos e contextualizalos.

O principado de Andorra participa por quinta vez cun pavillón propio cunha proposta provocadora e de ficción especulativa, baixo o lema “Future is now”, na que o artista de orixe francesa Philippe Shangti sacode a conciencia colectiva coa súa visión do mundo. Unha instalación fragmentada en recortes que hai que examinar illadamente para entender o proxecto multidisciplinario: a crítica ao consumismo exacerbado e os seus efectos.

No selo recóllese a súa obra principal, no que aparece a deusa do osíxeno, onde o artista nos quere transmitir o seu desacougo, que o leva a imaxinar, por exemplo, que un día o osíxeno pase a ser un ben de luxo.

Philippe Shangti fai un discurso crítico sobre o abuso por parte do ser humano do planeta terra, unha protesta contra o mal uso dos recursos e contra o excesivo consumismo no que se ve somerxida a sociedade actual. Un convite a reconsiderar o presente consumista que nos traslada a un futuro aventurado demasiado próximo.