Data de emisión: 11 febreiro 2019

Efemèrides. 6è centenari del Consell de la Terra

CONSULTAR TARIFAS

Efemèrides. 6è centenari del Consell de la Terra

HISTORIA

ANDORRA. VI Centenario do Consell de la Terra (1419-2019)

Depositario da soberanía do pobo andorrano, o Consell General d'Andorra constitúe un dos parlamentos máis antigos de Europa. Foi fundado en 1419 co nome de Consell de la Terra, a petición dos propios andorranos, que buscaban institucionalizar as reunións que realizaban os próceres de aldeas e vales para tratar asuntos que afectaban ao común. O dereito de fundación foi outorgado polos seus dous copríncipes, o bispo de Urgel, Fracesc Tovià, e o conde de Foix, Joan I.

O Consell integrábano vinte e catro representantes das parroquias dos vales, elixidos polos seus propios habitantes, que normalmente coincidían cos xefes de familia máis poderosos. O Consell elixía á súa vez un síndico, mensaxeiro ou procurador que tiña encomendado velar polo cumprimento dos acordos que se tomaban no Consell de la Terra, ademais de representar formalmente a institución.

Nas súas reunións tratábanse cuestións que afectaban o conxunto dos vales, como a xestión da auga, os costumes e as relacións cos territorios veciños, temática que foi ampliándose ao longo do tempo ata abranguer asuntos de moi diverso tipo: dende cuestións fiscais e tributarias, como o pagamento de tributos, a exención de impostos ou a petición de privilexios aduaneiros, ata temas comerciais, como a importación e exportación de mercadorías e mesmo litixios sobre límites territoriais, entre outros. As reunións concluían a miúdo na sinatura de acordos, decretos, regulamentos e leis.

Nun principio, as asembleas tiñan lugar ao acubillo dos pórticos das igrexas ou nas prazas das aldeas, ata que en 1702 se comprou a casa nativa da familia Busquets, que a partir dese momento constituíu a sede do Consell baixo a denominación Casa de la Vall.

O Consell de la Terra mantivo a súa continuidade ao longo dos séculos evolucionando ata a institución que é hoxe en día, pasando polos procesos da Nova Reforma de 1866, o outorgamento de todos os dereitos políticos ás mulleres en 1973 e a aprobación da Constitución en 1993.

O selo recolle nunha ilustración moderna a imaxe da Casa de la Vall e un tricorne, símbolo dos que levaban os conselleiros nos seus inicios.