Data de emisión: 26 abril 2019

Europa. Aus. Pit-roig

CONSULTAR TARIFAS

Europa. Aus. Pit-roig

HISTORIA

EUROPA 2019. Aus. Pit-roig

Os bosques outonais do Principado acollen os excursionistas e paseantes que se internan na súa espesura, coa melodía que ofrece o rechouchío agudo e alegre do paporrubio (Erithacus Rubecula). Acicalado coa súa característica plumaxe alaranxada en fronte, meixelas e peito, o seu abdome adopta tons agrisados, mentres que o resto do corpo loce de pardo. O seu pequeno tamaño, curto colo e ollos grandes e escuros configuran a silueta repoluda e inconfundible do paxariño.

Ten un pico curto e afiado, que lle permite escarvar na terra e o sotobosque buscando os insectos, arañas e miñocas dos que se alimenta. En período invernal, complementa a súa alimentación con bagas e froitos.

Ten predilección por habitar bosques húmidos, de solos tapizados por sotobosque, mofo ou por follas mortas, aínda que tamén gusta de xardíns e parques con maleza.

Tras o inverno prodúcese a época de celo, chegando a realizar ata dúas postas ao ano con entre cinco e seis ovos por posta. A incubación prolóngase ata os catorce días, durante os cales o macho alimenta a femia.

Aniñan entre os meses de abril e agosto, aproveitando ocos en árbores ou muros, construíndo un pequeno coxín a base de mofo, follas secas, herbas e plumas.

É unha ave extremadamente territorial, capaz de defendelo tanto co trilo como coa cor da súa plumaxe, que ostentará de xeito ameazador ante os intrusos.

É á vez unha ave moi sociable cos seres humanos, os que acompaña nos seus labores agrícolas, de xardinaría ou durante o solaz descanso dun paseo.

A cultura anglosaxoa venérao durante o período do Nadal: é un dos protagonistas das clásicas felicitacións, costume relacionado co uniforme vermello que levaban os carteiros na época vitoriana que traían en Nadal as postais cos bos desexos.

O selo é unha ilustración do artista Ricardo Martínez, no que podemos ver un primeiro plano da cabeza dun paporrubio e outro nun voo antes de se pousaren nunha árbore.