Data de emisión: 08 setembro 2020

Andorra Land Art

CONSULTAR TARIFAS

Andorra Land Art

HISTORIA

EFEMÈRIDES. 25 anys de l’establiment de relacions bilaterals Liechtenstein

Unha imaxe do Castelo de Vaduz, emerxendo entre os bosques e montañas dos Alpes, é o motivo escollido para ilustrar o selo que conmemora o vixésimo quinto aniversario do establecemento das relacións bilaterais do Principado de Andorra co de Liechtenstein.

Unha edificación que se remonta ao século XII e que ao longo da súa historia, sufriu diversas remodelacións e ampliacións para ser na actualidade, residencia oficial do Príncipe Juan Adán II de Liechtenstein e da súa familia.

As relacións bilaterais entre os dous países fráguanse arredor de multitude de similitudes que comparten como son a súa reducida superficie, a súa localización en rexións montañosas e a súa situación xeoestratéxica ao estar entre grandes potencias, o cal non foi óbice para manter a súa independencia e á vez, unhas excelentes relacións cos seus veciños.

Así mesmo, ambos os dous países comparten retos comúns, nun contexto marcado polo potente mercado que supón a Unión Europea, coincidindo na importancia de actuar de forma coordinada para mellorar a súa posición. Por esta razón, dende 1995, traballaron conxuntamente para facer escoitar a súa voz fronte a países e institucións europeas e estableceron unha complicidade beneficiosa para ambas as dúas partes.