Data de emisión: 05 novembro 2020

Candidatura del patrimoni mundial de la UNESCO. Casa de la Vall

CONSULTAR TARIFAS

Candidatura del patrimoni mundial de la UNESCO. Casa de la Vall

HISTORIA

CANDIDATURA PATRIMONIO MUNDIAL DA UNESCO. Casa de la Vall

A Casa de la Vall é un dos monumentos que integran a candidatura que presenta o Principado de Andorra para a súa inclusión na listaxe de Patrimonio da Humanidade da Unesco. Unha candidatura multinacional, participada por Francia e España e liderada polo Principado, que busca o recoñecemento dunha serie de sitios, diseminados entre os tres países, que foron clave na configuración histórica de Andorra, un proceso único dentro da historia da constitución política e territorial de Europa.

A emisión fórmase a partir dun motivo principal co selo da Casa de la Vall, que está realizado co procedemento de calcografía de buril tradicional. Ademais do selo inclúense 2 viñetas onde se reproducen dous gravados antigos dedicados ao castelo de Foix (Francia) e á catedral da Seu d'Urgell (España).

A candidatura integra tamén outros enclaves de Andorra como as igrexas de Sant Joan de Caselles, de Sant Romà de les Bons, Sant Martí de la Cortinada, Sant Climent de Pal, Santa Coloma, Sant Serni de Nagol y Sant Miquel d’Engolasters, ademais da Torre dels Moros de Encamp e dos xacementos arqueolóxicos de El Roc d'Enclar e de La Margineda.

A Casa de la Vall constitúe o monumento máis representativo da candidatura por ser a sede do Consell General, coñecido na súa orixe como Consell de la Terra, actual parlamento coa potestade lexislativa do Estado.

O edificio pertenceu nas súas orixes á familia Busquets, que o construíu en 1580 como certifica o escudo que preside a entrada. En 1702, o Consell General adquiriu o edificio onde estableceu a súa sede e onde celebraba as reunións dos representantes das parroquias do país, ademais de ser tamén sede xudicial. En 1962 realizouse unha restauración do edificio para adecualo ás novas necesidades do Consell ata que finalmente, no ano 2011, se puido trasladar a un novo edificio, permanecendo como sede histórica do Consell.