Data de emisión: 19 marzo 2020

Cultura popular. Collar lloper

CONSULTAR TARIFAS

Cultura popular. Collar lloper

HISTORIA

ANDORRA. CULTURA POPULAR. Collar lloper

Traducido de xeito literal como colar lobeiro ou para lobos ou carranca, é un colar de ferro recuberto de pugas que se cingue ao pescozo dos cans pastores para armalos fronte aos ataques de lobos e outros depredadores.

En ocasións, a súa fabricación facíase con coiro ao que se lle incrustaban as puntas de ferro que protexían o pescozo do can.

É probable que o seu uso se remonte ao tempo no que o canis lupus foi domesticado polo home para que lle axudase tanto nas súas tarefas gandeiras, conducindo e defendendo rabaños, como na caza, asistindo ao cazador no rastrexo, persecución e captura das presas. Nestas tarefas era indispensable dispoñer dun dispositivo que defendese o animal dos ataques das feras que podían provocarlle a morte.

O ser humano tamén apreciou a capacidade do can para defender persoas e fogares e especialmente, pola compañía que xenerosamente lle ofreceu.

O motivo do selo mostra unha ilustración dunha carranca forxada integramente de ferro xunto á silueta dun lobo ouveando.