Data de emisión: 30 abril 2021

Europa.- 2021. Fauna en perill. Trencalòs. Principat d' Andorra

CONSULTAR TARIFAS

Europa.- 2021. Fauna en perill. Trencalòs. Principat d' Andorra

Historia

EUROPA. Fauna en perill. Trencalos

O quebraosos (Gypaetus barbatus) é unha especie de voitre que recibe o seu nome pola súa peculiar forma de alimentarse, rompendo os ósos que remonta a grande altura, para deixalos caer, facendo que fracturen contra o chan en anacos máis pequenos, que logo engole con gran voracidade.

É unha das grandes aves rapaces diúrnas do Pireneos, cuxas características se aprecian no selo e permiten recoñecelo doadamente no seu hábitat natural. As súas longas e estreitas ás, que poden acadar os 3 metros de envergadura, a súa cola con forma romboide e a súa cabeza emplumada, característica esta última que a diferencia doutros voitres, xa que non precisa introducir a súa cabeza e pescozo nos corpos dos animais mortos senón que se alimenta de xeito exclusivo dos ósos. A súa dieta predominantemente osteófaga, dálle a súa condición de animal imprescindible na cadea trófica, xa que elimina os restos dos cadáveres dos animais mortos na montaña.

É unha especie cunha ampla distribución no continente europeo, a pesar de estar en perigo de extinción, chegando mesmo a desaparecer de varias rexións onde era abundante.

A poboación que existe nos Pireneos é unha das máis importantes e aínda viables de Europa, grazas en grande medida, ao traballo de conservación e consolidación da especie realizado polo Govern d'Andorra xunto coa Associació per a la Defensa de la Natura, no programa PACT (Pla d'Actuacions per a la Conservació del Trencalós), cuxas actuacións se estruturan en cinco ámbitos: seguimento das poboacións de quebraosos, establecemento de puntos de alimentación suplementaria, divulgación social e nos medios de comunicación e programas de colaboración internacional.