Data de emisión: 19 xaneiro 2021

CONSULTAR TARIFAS

Historia

ACONTECEMENTOS. ESDEVENIMENT. Homenatge Covid-19

Ninguén podía presaxiar, a comezos do pasado ano, que a sombra da traxedia sobrevoaría o noso planeta en forma de pandemia, nin que provocaría un estado de conmoción nos seus habitantes, que aínda perdura, e do que só enxergamos o anhelado final grazas ás vacinas que se están a producir.

O causante desta praga foi o virus SARS-CoV-2 ou coronavirus, que a pesar do seu microscópico tamaño, foi brutal pola súa capacidade para propagarse por todo o mundo e paralizar a nosa sociedade en cuestión de semanas, así como pola 

súa letalidade, causante da morte de millóns de persoas en todo o planeta.

Pero a COVID-19, a enfermidade que deu nome á pandemia, logrou tamén galvanizar a acción solidaria da sociedade cara ás vítimas do virus e cara a todos aqueles que estiveron e seguen estando en primeira liña de 

combate contra a enfermidade. Médicos, enfermeiras e todo o persoal sanitario, ademais de todos aqueles colectivos que se mantiveron en activo para minimizar no posible os estragos que estaba a ocasionar a pandemia e axudar a sociedade a soportar eses momentos tan complicados. Corpos e forzas de seguridade do Estado, empregados de comercios, farmacéuticos, persoal de limpeza e transporte e servizos postais, entre outros moitos.

O selo que se emite representa a homenaxe á sociedade no seu esforzo por facer fronte á pandemia, que quedou simbolizado nas mans que aplauden, motivo central da emisión.