Data de emisión: 20 outubro 2005

25 Aniversario de los Premios Príncipe de Asturias

CONSULTAR TARIFAS

25 Aniversario de los Premios Príncipe de Asturias

HISTORIA

La Fundación Príncipe de Asturias fue creada mediante acto solemne celebrado el 24 de septiembre de 1980, presidido por Su Alteza Real el Príncipe de Asturias, Heredero de la Corona de España, en presencia de sus padres, Sus Majestades los Reyes. Los Premios Príncipe de Asturias fueron convocados por la Fundación a partir de 1981 y son entregados anualmente por el Príncipe de Asturias, Presidente de Honor de dicha Institución. Príncipe de Asturias.

A Fundación Príncipe de Asturias foi creada mediante acto solemne celebrado o 24 de setembro de 1980, presidida pola súa alteza real o príncipe de Asturias, herdeiro da Coroa de España, en presenza dos seus pais, as súas maxestades os reis. Os Premios Príncipe de Asturias foron convocados pola Fundación a partir de 1981 e son entregados anualmente polo príncipe de Asturias, presidente de Honor da devandita Institución.

Os Premios establecéronse co ánimo de recompensar o labor cultural, social, científico, técnico e humano de artistas, escritores, científicos, deportistas, equipos de traballo e institucións sociais e humanitarias de ámbito internacional. A Fundación Príncipe de Asturias imponse como obxectivo que os seus galardóns culturais e científicos sexan os máis importantes do mundo. Os premios, ademais de ser un símbolo de cohesión social en España, son un referente de prestixio e alcance internacional xa que sitúan a cultura do noso país entre a elite mundial.

O lugar no que se veñen entregando, ata agora, os galardóns foi o Teatro Campoamor de Oviedo e consisten nunha escultura de Joan Miró, ademais dunha dotación económica, unha insignia co escudo da Fundación e un diploma.

Os actos conmemorativos do 25 aniversario dos Premios Príncipe de Asturias están auspiciados pola UNESCO, organismo que decidiu recoñecer a “excepcional contribución dos Premios Príncipe de Asturias ao Patrimonio Cultural da Humanidade”. Na presente edición, como nas anteriores, concederanse galardóns ás oito categorías: Artes, Deportes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Concordia, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica e Letras.

Correos únese á celebración das vodas de prata dos Premios Príncipe de Asturias emitindo no seu 25 aniversario un miniprego de oito selos que reproducen a insignia ou logotipo da Fundación, ademais da escultura que se entrega aos premiados, obra de Miró. Os citados selos acompáñanse de oito viñetas con elementos alusivos á modalidade de cada un dos Premios.