Data de emisión: 20 outubro 2005

Centenarios

CONSULTAR TARIFAS

Centenarios

HISTORIA

Dos sellos conmemoran el 500 aniversario de la fundación de La Orotava y los 150 años de las primeras emisiones de sellos españoles para Cuba y Puerto Rico.

Situado nas abas do Teide, ao norte da illa, atopamos o municipio tinerfeño da Orotava, poboación da que se cumpren 500 anos da súa fundación. A súa historia está vinculada coa chegada do Adiantado Alonso Fernández de Lugo a Tenerife, quen, tras comprobar a fertilidade do seu extenso val regado polo río de Aguamansa, non dubidou en repartir o máis produtivo desta zona, pertencente ao antigo menceiato de Taoro, entre os seus achegados e el. Cando o rei, Fernando o Católico tivo coñecemento disto, enviou ao licenciado Juan Ortiz de Zárate, que chegou á Orotava en 1506, procedendo a poñer orde e a facer novos repartimentos. No século XVI, A Orotava tivo un período de prosperidade debido á súa importante produción azucreira, produto que ao decaer foi substituído pola vide. Do seu pasado histórico, A Orotava conserva un rico patrimonio tanto arquitectónico como de festividades. Así, na súa zona urbana están situadas as igrexas da Concepción, de San Juan Bautista de Farrobo, a igrexa e convento de Santo Domingo de Guzmán, hoxe Museo de Artesanía Hispanoamericana, a hermida do Calvario e a casa dos Balcóns, ademais de numerosas casas señoriais e muíños de gofio. Respecto ás festas, son de salientar a do Corpus Christi, coas súas fermosas e coloristas alfombras de flores e terras de cores do Teide, e a de San Isidro cunha multitudinaria romaría. O selo reproduce o escudo e a fachada da Casa do Concello, antepostos á real cédula de Felipe IV pola que se lle concedeu á Orotava o título de Vila Exenta.

Conmemóranse os 150 anos das primeiras emisións de selos españois para Cuba e Porto Rico, ambas eran daquela posesións españolas e nas que os selos circularon por vez primeira a partir de 1855. Para o seu deseño utilizouse a efixie da raíña Isabel II, de perfil e na parte superior figuraba a palabra Correos, o mesmo deseño empregado nos selos de España. Os selos usáronse en Cuba ata 1898, ano da intervención americana e da última emisión española en cuxos selos aparecía Alfonso XIII. Neste de agora, reprodúcese unha carta enviada dende Habana a Santander e un exemplar de ½ real de prata forte.