Data de emisión: 08 outubro 2005

España 2006. Exposición Mundial de Filatelia

CONSULTAR TARIFAS

España 2006. Exposición Mundial de Filatelia

HISTORIA

O próximo ano, Málaga será sede da Exposición Mundial de Filatelia. España 2006. Como anuncio de tan relevante acontecemento filatélico emítese un selo que reproduce o logotipo da Exposición Mundial de Filatelia. O seu deseño foi realizado polo pintor e deseñador, Enrique Jiménez Carrero, e nel predominan as cores azul e amarela, as dúas moi relacionadas e identificativas da cidade de Málaga: o azul do seu mar e o amarelo do seu sol, ademais ambos os tons son as cores corporativas de Correos. Respecto a elementos iconográficos, o selo mostra a estela trazada polo 06, alusiva ao ano de celebración, que se representa a modo de ondada, cuxos signos suxiren dous barcos veleiros. Tamén, na parte esquerda do selo, aparecen unhas liñas ondulantes simulando unha marca de mataselado. Inclúe o valor referido á Exposición Mundial de Filatelia. España 2006, xunto a Málaga, a data de celebración da Exposición que será do 7 ao 13 de outubro.

Desde Correos e a través da filatelia preténdese impulsar o coleccionismo e divulgar a cultura. Con esta exposición inténtanse lograr estímulos e espertar a afección aos selos. Correos é consciente de que a maneira máis fácil de chegar á sociedade é introducirse nela. De aí, que lugares públicos como rúas e prazas de Málaga se convertan por uns días en espazos expositivos abertos, nos que o selo e a filatelia serán os seus protagonistas. Así, a zona antiga malagueña, nas súas prazas da Constitución, das Flores, da Mariña; no seu paseo da Alameda e ampliación da Avda. de Andalucía; e nas súas rúas do Marqués de Larios e da Alcazabilla, acollerá en carpas climatizadas e acristaladas, ademais das casetas institucionais e comerciais, as distintas exposicións temáticas, a Corte de Honor e outras coleccións entre as que figuran algunhas das máis prestixiosas do mundo. Serán cerca de 25.000 metros cadrados os que ocupe a Exposición Mundial de Filatelia. España 2006 en Málaga.