Data de emisión: 18 abril 2005

PERSONAJES.- Juan Valera

CONSULTAR TARIFAS

PERSONAJES.- Juan Valera

HISTORIA

Correos dedícalle un selo a un dos personaxes máis polifacéticos que lle deu o século XIX á literatura española. Referímonos ao escritor, político e diplomático cordobés, Juan Valera (Cabra, 1824-Madrid, 1905), autor do que se conmemora este ano o centenario da súa morte. O dito selo, cun valor postal 2,21 €, reproduce un retrato do insigne escritor, que se encontra exposto na Sala de Profesores do instituto de educación secundaria Aguilar y Eslava, da súa localidade natal. Obra realizada polo Pintor Enrique Romero de Torres.

Naceu Juan Valera Alcalá Galiano no seo dunha familia aristrocrática. Cursou estudos de Filosofía no Seminario de Málaga e de Dereito, en Granada e Madrid. En 1847 iniciou a súa andaina diplomática en Nápoles, Lisboa e Río de Xaneiro, cidade esta última cuxas experiencias plasma na súa novela Genio y figura. Despois, continuou o seu periplo diplomático en Rusia, desde onde volveu a España. En 1858, foi elixido deputado a Cortes e, en 1861, membro da Real Academia Española de la Lengua. Nomeado director xeral da Instrución Pública en 1872, tras perder este cargo volveu á carreira diplomática, na que permaneceu entre 1881 e 1883, primeiro en Lisboa, Washinton, Bruxelas e, finalmente, en Viena. Dende que vira a luz a súa primeira novela, Pepita Jiménez (1874), na que se analiza o proceso de sedución seguido por unha moza viúva para casar cun seminarista, foron aparecendo outras como: Las ilusiones del doctor Faustino (1875), un doutor Fausto en pequeno, que encarna con fidelidade o filósofo frustrado e o artista obcecado en traspasar os límites do misterio; El comendador Mendoza (1877), novela baseada nas relacións adúlteras de dona Blanca con don Fadrique; en Doña Luz (1879) demostra que nin relixiosos nin segrares están exentos do amor humano. Inda que estas obras foron aparecendo ao longo dos anos, de maneira alternativa coas súas outras actividades de político e diplomático, será a partir de 1895 cando Valera lle dea impulso á súa outra ertente, a literaria. Faceta na que foi moi prolífico e na que xurdiron outras novelas: Juanita la Larga (1895), que relata as vicisitudes dunha moza para casar cun cincuentón; Genio y Figura (1897), que conta as aventuras galantes de Rafaela; e Morsamor (1899), que narra as peregrinacións do relixioso Zuheros por diversos países. Juan Valera, vinculado á xeración do 1868, frecuentou tamén a poesía, o teatro, os contos, a crítica literaria, os epistolarios e os ensaios