Data de emisión: 03 xaneiro 2005

SELLOS AUTOADHESIVOS

CONSULTAR TARIFAS

SELLOS AUTOADHESIVOS

HISTORIA

Póñense en circulación oito selos adhesivosde tarifa A válida para cartas normalizadas para España de ata 20 gr. de pesodedicados a O Circo.Trapecistas, malabaristas, acróbatas,pallasos, domadores... todo cabe no marabilloso mundo do circo; ese xenial espectáculoque, ó longo da historia, atraeu por igual a nenos e maiores. Xa na antiga Romao circo cumpriu unha función de divertimento coa exhibición de carreiras decarros de cabalos, combates de gladiadores e loitas con animais; pero o circomoderno, tal como o coñecemos hoxe, naceu en Inglaterra a finais do séculoXVIII da man de Philip Astley, con exercicios de equitación, sombras chinesas exogos de acrobacia. Anos máis tarde, o norteamericano H. Bailey introduciu osnúmeros de animais adestrados, acróbatas, funámbulos, equilibristas e un longoetcétera, sempre baixo o inconfundible toldo de lona que tanto identifica aeste espectáculo.Europa, cunha longa tradición circense,contou con compañías tan famosas coma o circo Krone, en Alemaña; o de París e Bouglione,en Francia; o de Moscova, en Rusia. En España o primeiro circo estable foi oPrice, instalado en Madrid en 1830 e activo ata a década de 1970. En Barcelonanon se pode esquecer o circo Olimpia, desaparecido hai algúns anos.

Nos selos reprodúcense obras do pintorManolo Élices. Nacido en 1934 na localidade salmantina de Valdecarros,trasladouse sendo aínda neno a Béjar, onde deu os primeiros pasos en pintura, eposteriormente a Madrid, onde comezou a traballar en deseño publicitario. Dende1966 compaxina ámbalas dúas actividades. As estampiñas, cheas de colorido evivacidade, recollen distintos aspectos do mundo do circo como: Descanso,Madame Lis, Dúo cristel, Hermanos Tonys, Fani y Tini, Konis en la cuerda floja,Troupe silis e Le salía fuego. A portada do carné aparece ilustrada coa obraDos y dos bicicletas.