Data de emisión: 16 setembro 2005

Sellos Autoadhesivos.- Para los niños.- Los Lunnis

CONSULTAR TARIFAS

Sellos Autoadhesivos.- Para los niños.- Los Lunnis

HISTORIA

A filatelia únese aos nenos coa emisión dun carné de oito selos autoadhesivos dedicado á serie infantil Os Lunnis.

Os Lunnis comezou a emitirse o 15 de setembro de 2003 e moi pronto converteuse nunha das series de TVE máis populares entre o público infantil. Cheos de colorido e simpatía, os oito personaxes principais -chamados Lucho, Lublú, Lulila, Lulo, Lula, a sabichona Lupita, o profesor Lutecio e a meiga Lubina- deixan abraiados os seus numerosos seguidores cos seus papeis atrevidos, pillabáns e inocentes, á vez. Aparecen acotío a primeira hora da mañá para dar os bos días e animar a comezar a xornada con ilusión. Volven á hora do xantar e da merenda, e fan a última aparición ás oito da tarde para invitar os máis pequenos a ir á cama. A serie foi producida por TVE, creada e dirixida por Valentín Villagrasa coa idea de ensinar a respectar os valores da convivencia e da tolerancia, ademais de entreter, divertir e educar. No desenvolvemento deste programa traballa un nutrido grupo de máis de 200 profesionais entre guionistas, bonequeiros e especialistas. Recentemente, o Festival Internacional de Medios de Comunicación de Hamburgo concedeu a Os Lunnis o premio ao mellor programa infantil.

A diferenciación da franxa horaria entre a programación infantil e a adulta iniciouse en 1964, época de TV en branco e negro, coa familia Telerín, con Cleo, Tete, Maripí, Pelusín, Coletas e Cuquín que interpretaban a canción Vamos a la cama que hay que descansar. Continuou nos anos 70 con Don Pepino e o Loro; e unha década máis tarde con Telén, Telín, Telón, Mamicama e o gato O’Clok.