Data de emisión: 13 outubro 2005

XV Cumbre Iberoamericana

CONSULTAR TARIFAS

XV Cumbre Iberoamericana

HISTORIA

España e, de maneira especial Salamanca, constitúese durante os días 14 e 15 de outubro en sede do XV Cume de Xefes de Estado e de Goberno da Comunidade Iberoamericana de Nacións. Con tal motivo, Correos emite un selo para o que tomou como imaxe a Universidade de Salamanca, unha das máis antigas e prestixiosas de Europa, cuxo modelo organizativo proxectouse ás universidades iberoamericanas.

Con este XV Cume preténdese dar un novo e enérxico pulo a un foro que reúne, ao máis alto nivel, tres países europeos –España, Portugal e Andorra- e 19 latinoamericanos. A celebración do Cume Iberoamericano, que coincide co 30 aniversario da proclamación de don Xoán Carlos I como rei de España, será o punto de partida da Secretaría Xeral Americana, un novo instrumento que servirá para facer un seguimento aos programas acordados nos cumes. O nosos país, como anfitrión deste XV Cume Iberoamericano, proponse como retos importantes: contribuír á creación dun modelo de espazo común a prol da democracia, lograr a cohesión social, o desenvolvemento sostible e a defensa dos dereitos humanos. O programa do cume de Salamanca tratará dous asuntos moi concretos: a emigración e as relacións entre América Latina e a Unión Europea. Tamén contempla na súa axenda os temas, foros e propostas seguintes: Troco de Débeda por Educación, Foro Empresarial Iberoamericano, Foro Cívico sobre Financiamento e Loita contra a Pobreza, Carta Cultural Iberoamericana, Axenda e Doutrina Iberoamericanas de Desenvolvemento. España, con motivo da celebración do 500 aniversario do descubrimento de América, propuxo a iniciativa de convocar un cume Iberoamericano que foi apoiado por países como México e Brasil. O primeiro país foi sede do primeiro cume en 1991, o segundo foi en España, en 1992, e o terceiro en Brasil, en 1993. Por iniciativa de México, deuse ao cume un sentido político, con vistas a identificar espazos comúns para lograr unha maior coordinación e cooperación entre os países iberoamericanos. Os países presentes no cume forman parte da Conferencia Iberoamericana, foro de consulta e concertación política cuxo propósito é reflexionar sobre os desafíos do contorno internacional.