Data de emisión: 30 novembro 2006

2006. AÑO DE LA MEMORIA HISTÓRICA

CONSULTAR TARIFAS

2006. AÑO DE LA MEMORIA HISTÓRICA

HISTORIA

Ao cumprirse o 75 aniversario da proclamación da Segunda República Española e o 70 do comezo da Guerra Civil, as Cortes Xerais aprobaron a Lei 24/2006, do 7 de xullo, pola que se declara o ano 2006 como Ano da Memoria Histórica. Na disposición adicional segunda indícase: “O Goberno, a través da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, promoverá a emisión de selos e signos de franqueo conmemorativos, para cuxa elaboración se facilitará a participación da sociedade”. Por este motivo, Correos incluíu na súa web unha colección de imaxes para que os cidadáns elixan cos seus votos os deseños que consideren máis idóneos. Nos dous selos e nas estampas adhesivas que se emiten reprodúcense os deseños máis votados.

Na exposición de motivos da lei faise constar que, despois de máis de 25 anos de convivencia democrática e do papel exercido pola Constitución Española como instrumento de concordia e unión, se quixo abordar a memoria histórica como a forma máis firme de asentar o futuro en convivencia e sinala: “Hoxe resulta así oportuno recordar e honrar aos que se esforzaron por conseguir un réxime democrático en España, aos que sufriron as consecuencias do conflito civil e aos que loitaron contra a ditadura en defensa das liberdades e dereitos fundamentais dos que hoxe desfrutamos”.

No único artigo de que consta a lei declárase o ano 2006 como Ano da Memoria Histórica: “en homenaxe e recoñecemento de todos os homes e mulleres que foron vítimas da guerra civil, ou posteriormente da represión da ditadura franquista, pola súa defensa dos principios e valores democráticos, así como dos que, co seu esforzo a favor dos dereitos fundamentais, da defensa das liberdades públicas e da reconciliación entre os españois, fixeron posible o réxime democrático instaurado coa Constitución de 1978”.