Data de emisión: 31 xaneiro 2006

ÁRBOLES MONUMENTALES.- Ciprés de La Anunciada

CONSULTAR TARIFAS

ÁRBOLES MONUMENTALES.- Ciprés de La Anunciada

HISTORIA

Tras as emisións aparecidas sobre a aciñeira La Terrona de Zarza de Montánchez, en Cáceres, e o ahuehuete do parque madrileño do Retiro, ambas catalogadas como Árbores Monumentais, enriquécese a serie cun novo selo dedicado a outro fermoso exemplar: o ciprés coñecido como da Anunciada, situado no convento que lle dá nome, en Vilafranca do Bierzo, en León. A aparición do selo coincide co cuarto centenario desta árbore emblemática. O ciprés da Anunciada localízase en terreos do mosteiro da orde de Santa Clara, foi testemuña dos acontecementos históricos do lugar case desde que fora fundado en 1606 por don Pedro de Toledo, quinto marqués de Vilafranca e virrei de Nápoles. No dito convento ingresou a súa filla dona María de Toledo, a quen a tradición oral sinala como autora da súa plantación. O ciprés ten a misión de servir de fito na paisaxe pois permite a fácil localización do mosteiro. De aí que estea situado na parte alta da súa horta. A árbore é un claro referente cultural, tanto para os veciños do Bierzo como para os que utilicen a ruta Xacobea. As súas medidas están arredor dos 40 metros de altura e o seu tronco posúe preto de 1,55 m de diámetro. É, por tanto, unha das árbores de maior altura das do territorio español, o que deu lugar ao seu ben merecido cualificativo de Árbore monumental. En canto á súa conservación, o ciprés da Anunciada, nestas últimas décadas, vese afectado por diversos males debido á presenza de fungos, de insectos patóxenos e á rotura de eixes secundarios e terciarios. En parte, estes males estanse solucionando co emprego de tratamentos fitosanitarios para atacar as pragas. Esta medida de conservación vén mellorar as condición de vida deste fermoso exemplar e a renovar a súa pervivencia, grazas á actuación conxunta de varias institucións que contan co asesoramento de expertos de prestixio.