Data de emisión: 08 setembro 2006

CASTILLOS 2006

CONSULTAR TARIFAS

CASTILLOS 2006

HISTORIA

Esta nova emisión de Castelos ocúpase de dar a coñecer a través de dous selos os de Baños da Encina (Xaén) e Torroella de Montgrí (Xirona). Do primeiro, ofrécese unha imaxe en perspectiva da súa fachada posterior, destacando desta vista do conxunto amurallado oito das súas catorce torres ameadas, entre as que salienta en altura a da Homenaxe, mentres que do segundo se mostra unha fotografía aérea na que se percibe a súa planta cadrada de cuxa base emerxen cara ao ceo catro torres circulares situadas nos seus ángulos.

A vila de Baños da Encina está situado na parte noroccidental da provincia de Xaén. Posúe unha extraordinaria fortaleza, en forma de barco e dominando un outeiro, que foi mandada construír por Al-Hakan II no ano 968. Os avatares da historia quixeron que, durante a Idade Media, unhas veces estivera en mans cristiás e outras en musulmás ata que foi definitivamente conquistado por Fernando III, O Santo no ano 1225. O castelo, de planta oval, está construído en tapial, aínda que a súa torre da Homenaxe, levantada tras a reconquista entre os séculos XIV e XV, está feita en perpiaños. A fortaleza obtivo a declaración de Monumento Histórico Artístico en 1931 e de Conxunto Histórico en 1969.

Dominando un outeiro, xunto ao río Ter, ao norte da poboación e ao nordeste da provincia de Xirona, atopamos o castelo de Torroella de Montgrí cuxa orixe data do ano 1294. Esta fortaleza, de planta cuadrangular con catro torres situadas nas súas esquinas, foi mandada construír por Xaime II en pedra labrada. Ao contrario ca outros castelos, non posúe torre da Homenaxe. Estivo baixo o dominio feudal da familia Torroella. Os seus elementos construtivos acusan a influencia da transición do románico ao gótico. Esta obra, de gran maxestade, adórnase con diversas fiestras e seteiras que, ademais de romper a súa monotonía arquitectónica, lle serven de elementos decorativos.