Data de emisión: 20 xullo 2006

CENTENARIOS

CONSULTAR TARIFAS

CENTENARIOS

HISTORIA

Esta emisión de Centenarios, que consta de dous selos, está dedicada a conmemorar o VII centenario do Mercado de Benavides de Órbigo (León) e o I centenario do Canal de Aragón e Cataluña. O selo, que celebra os 700 anos de actividade do Mercado dos Xoves en Benavides de Órbigo, reproduce o logo do Centenario, un motivo alusivo aos soportais. Mentres que o destinado a conmemorar os 100 anos que o Canal de Aragón e Cataluña leva en servizo, se ilustra cunha vista do sifón do Sosa.

Foi o día 28 de agosto de 1306 cando o rei Fernando IV concedeu o privilexio polos seus servizos como vasalo a Juan Alfonso de Benavides, señor da Vila de Benavides de Órbigo, para celebrar un mercado franco os xoves de todas as semanas. Desde entón e despois de sete séculos veu realizándose de maneira ininterrompida nos espazos soportalados da súa Praza Maior. O Mercado dos Xoves, como vén sendo tradicionalmente chamado, foi un aliciente e impulso para o desenvolvemento económico e social tanto da Vila de Benavides como do resto dos municipios que conforman a Ribeira do Órbigo. Así, municipios como Carrizo da Ribeira, Cimáns do Texar, Hospital de Órbigo, Lamas da Ribeira, Santa Mariña do Rei, Turcia, Vilarexo e Vilares de Órbigo viñéronse beneficiando do apoxeo comercial que durante estes 700 anos xerou o Mercado dos Xoves de Benavides.

O día 2 de marzo de 1906 entraba en servizo o Canal de Aragón e Cataluña. A súa construción e posta en funcionamento constitúe un importante elemento motor para o desenvolvemento das actividades agrícolas, gandeiras e industriais dun extenso territorio de regadío de provincias como Huesca e Lleida. Aínda que se xestara a idea da súa construción en tempos de Carlos V, sería a raíz dun Real decreto asinado o 17 de novembro de 1876 por Alfonso XII cando se lle dera a denominación de Canal de Aragón e Cataluña. Tras anos de demora, o Estado fíxose cargo da súa construción en 1896. Foi Alfonso XIII quen, aínda que inacabado, inaugurou en 1906 o paso das augas polos tubos xemelgos do sifón do Sosa. Neste ano o canal contaba con 70 Km de conducións construídos, ademais do acueduto de Perera e a constitución da Comunidade de Regantes. En 1970 inaugurouse o canal de Enlace que uniu as augas do Ésera co Nogueira en Coll de Foix. Na actualidade o canal ten unha lonxitude de 124 Km, máis os 47 do canal de Zaidín, os 6 do canal de Enlace e os 78 Km das trece canles derivadas do canal Principal.