Data de emisión: 27 xaneiro 2006

EFEMÉRIDES 150 Años de Historia. Banco de España 1856-2006

CONSULTAR TARIFAS

EFEMÉRIDES 150 Años de Historia. Banco de España 1856-2006

HISTORIA

Impreso en calcografía a dúas cores, ponse en circulación un selo de Correos dedicado a conmemorar 150 Anos de Historia Banco de España (1856-2006). Aínda que o Banco de España adoptou esta denominación en 1856, a súa orixe remóntase ao ano 1782, coa creación do Banco Nacional de San Carlos segundo as ordes ditadas polo rei Carlos III. Baixo este nome nacía o primeiro banco moderno español, antecesor do actual, co obxectivo de facer fronte á depreciación dos vales reais (unha nova forma de débeda pública). Establecido baixo protección real, o Banco de San Carlos -que podía emitir billetes aínda que non fixo uso desa facultade nada máis que en períodos concretos- tivo que soportar as cargas da coroa, implicada durante anos en continuas guerras, situación que o levou ao borde da quebra. En 1829, o Estado decidiu cancelar as súas débedas co banco mediante o pago de 40 millóns de reais, que foron destinados a constituír o capital dunha nova entidade denominada Banco Español de San Fernando. Este Banco foi o único que puido emitir papel moeda ata 1844, data na que se crearon outros dous novos bancos con similares poderes de emisión: o Banco de Isabel II, establecido en Madrid, e o Banco de Barcelona. O Banco de Isabel II dedicouse a negocios máis arriscados e lucrativos, pero a crise financeira de 1847 deixouno nunha situación tan difícil que o goberno decidiu anexionalo co de San Fernando, conservando o nome de Banco Español de San Fernando. Tras unha serie de reformas que o converteron nun auténtico banco oficial, rexido por un gobernador, en 1856 quedou instituído co nome definitivo de Banco de España. Por entón compartía a facultade de emitir billetes con outros banco privados e en 1874 dispúxose a concesión do monopolio de emisión ao Banco de España. Non obstante, aínda non estaban presentes as características actuais de banco oficial, que se irían adoptando ao longo dos anos e de sucesivas leis e reformas bancarias. En 1994, e de acordo coas esixencias do Tratado da Unión Europea, o Banco de España integrouse no Sistema Europeo de Bancos Centrais. O edificio bancario, situado na madrileña Praza de Cibeles, inaugurouse en 1891 e foi realizado polos arquitectos da propia institución: Severiano Sainz de la Lastra e Eduardo de Adaro. No selo reprodúcese a esquina da última ampliación realizada recentemente no emblemático edificio polo arquitecto Rafael Moneo.