Data de emisión: 23 novembro 2006

EFEMÉRIDES. 25 aniversario de la implantación del escudo de España

CONSULTAR TARIFAS

EFEMÉRIDES. 25 aniversario de la implantación del escudo de España

HISTORIA

Ao cumprirse o 25 Aniversario da implantación do escudo de España, ponse en circulación un selo de Correos conmemorativo enmarcado na serie Efemérides.

O actual escudo de España encóntrase regulado pola Lei 33/1981, do 5 de outubro; o Real decreto 2964/1981, do 18 de decembro, polo que se fai público o modelo oficial do escudo de España, o seu uso e tamaño, e o Real decreto 2267/82, do 3 de setembro, polo que se especifican tecnicamente as cores do escudo. A heráldica do escudo de España pasou por unha ducia de representacións diferentes desde que se establecera o da dinastía Trastámara cos Reis Católicos (1474-1492). Este escudo estaba formado polas armas dos reinos de Castela, León e a Coroa de Aragón, ao que se incorporaron as armas do reino de Granada tras a conquista daquelas terras. A este seguiron os escudos da dinastía dos Austrias, que introduciron como elementos máis importantes a coroa imperial e as columnas de Hércules coa lenda “Plus Ultra”, bordeando o escudo co toisón de ouro e o da dinastía Borbón-Anjou, que incorporou os lises da casa de Borbón coa bordadura en gules (vermello) e engadiu a Orde do Espírito Santo en forma de colar. Posteriormente chegaría o escudo da dinastía Bonaparte, que dividiu o escudo en seis cuarteis: Castela, León, Aragón, Navarra, Granada e Novo Mundo e engadiu as armas dos Bonaparte. Novamente a dinastía Borbón-Anjou volveu recuperar o escudo dos seus antepasados e co Goberno Provisional (1868-1870) substituíuse a coroa real pola mural. A dinastía dos Saboya (1870-1873) restableceu de novo a coroa real, que sería suprimida e substituída novamente pola coroa mural coa chegada da I República (1873-1874). A continuación seguiron os escudos da dinastía Borbón-Anjou; II República (1931-1939). En 1938, durante a guerra civil, o xeneral Franco, adopta o utilizado na época dos Reis Católicos. O actual escudo de España, que cumpre 25 anos de vixencia, supón un resumo da nosa historia, coa reprodución de elementos que contan con máis de nove séculos de tradición.