Data de emisión: 12 setembro 2006

Europa

CONSULTAR TARIFAS

Europa

HISTORIA

A serie Europa -emitida anualmente cun tema en común polas Administracións Postais membros de PostEurop (Asociación de Operadores Postais Públicos Europeos)- aparece dedicada este ano a: a integración dos invidentes na sociedade e a integración dos xordos na sociedade.

O interese da sociedade por establecer unha igualdade de oportunidades para todos os cidadáns e integrar socialmente os discapacitados son temas que adquiriron gran relevancia nas últimas décadas. Así, o artigo 49 da Constitución Española fai referencia expresamente á atención dos diminuídos físicos e di: “Os poderes públicos realizaran unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos, aos que prestarán a atención especializadas que requiran e os ampararán especialmente para o desfrute dos dereitos que este Título outorga a todos os cidadáns”. A integración esixe, indubidablemente, unha educación adecuada, unha autonomía persoal, un posto de traballo e un espazo de cultura e ocio con cabida para o deporte. A atención temperá e o tratamento adecuado para cada un dos problemas constitúen os piares da integración. No caso dos xordos, os programas para o desenvolvemento da comunicación comprenden a aprendizaxe da lectura labial e a linguaxe dos signos por medio das mans. E é este último o motivo que se reflicte no selo que se pon en circulación.

Para ilustrar o valor dedicado á integración dos invidentes elixiuse o deseño gañador do XXII Concurso Escolar convocado pola ONCE baixo o lema Normalización Urxente. No concurso participaron alumnos comprendidos entre 8 e 18 anos de idade dos centros educativos de todo o territorio nacional. O deseño premiado correspondeu ao Instituto de Ensinanza Secundaria de Fene (A Coruña) e responde a un teclado con numeración arábiga e en Braille e coa palabra Normalización escrita nas catro linguas oficiais do país. Desde 1999 Correos participa en distintos plans de responsabilidade social corporativa dirixidos a colectivos desfavorecidos. Os seus programas desenvólveos en colaboración con ONGs de carácter social, como UNICEF, Fundación Bosques da Tierra e Pallasos sen Fronteiras, co fin de axudar as persoas máis necesitadas.