Data de emisión: 04 outubro 2006

FLORA Y FAUNA. Flor de Pascua y Golondrina

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNA. Flor de Pascua y Golondrina

HISTORIA

Emítense dous novos talonarios, cun centenar de efectos autoadhesivos cada un, da serie Flora e Fauna, dedicados nesta ocasión á flor de Pascua e á andoriña. Ambos os dous selos, de 0,29 euros, reproducen a imaxe da popular planta e ave.

A flor de Pascua ou Euphorbia pulcherrima, tamén chamada Poinsettia e Estrela de Nadal é unha planta orixinaria de México que foi introducida en Europa a finais do século XIX. É un arbusto caduco da familia das euforbiáceas. As súas follas son de forma triangular dunha cor verde escura, dentadas e suaves como o veludo. A coloración destas follas, tamén chamadas brácteas (follas modificadas), prodúcese en dous ou tres meses dependendo da variedade e son dunha gran beleza. Hainas de cores vermella, rosa, salmón, amarela, marfil, branca, etc., sendo o vermello a cor predominante. A Flor de Pascua utilízase como planta de interior e no seu estado natural alcanza ata tres metros de altura aínda que en maceta non pasa dos 80 ou 90 cm.A súa floración ten lugar no Nadal. As flores saen no extremo do talo, son pequenas e de cor amarela. Na maioría dos países europeos impúxose como símbolo do Nadal.

A andoriña común ou Hirundo rustica é unha das aves migratorias máis coñecidas. De peteiro curto, a cor da súa cabeza, lombo, alas e cola é dun negro azulado brillante, a da fronte e pescozo é avermellada e o do peito e ventre é branca amarelenta. As súas ás son estreitas, fortes e longas respecto ao corpo, isto fainas aptas para voos rasantes, rápidos e de longo percorrido. A súa cola en forma de pinza permítelle manobrar con facilidade. Chega a medir ata 19 cm de longo. Aliméntase de insectos que captura no aire. O seu canto é agradable, débil e rechouchiante. Realiza os seus niños abertos empregando barro, saliva e herba seca ou pallas. Constrúenos pegados ao teito, vigas e paredes das cortes, garaxes, granxas e naves. Nestes lugares adoitan vivir varias parellas en harmonía. Posúen un excepcional sentido da orientación pois recordan os lugares onde se situaba o seu niño do ano anterior, ata o punto que, pasado o inverno, na primeira metade de abril, os machos solitarios regresan ao seu niño onde se reúnen pouco despois coa mesma femia do ano anterior. A femia incuba os ovos e ensina a voar aos pitos mentres o macho sae a buscar alimento. A andoriña cría no hemisferio norte e inverna no hemisferio sur.