Data de emisión: 01 abril 2006

FLORA Y FAUNAJilgero y Ave del paraíso

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNAJilgero y Ave del paraíso

HISTORIA

Dous novos talonarios, cada un de 100 selos autoadhesivos, veñen a sumarse aos xa emitidos dentro desta mesma serie de Flora e Fauna. Nesta ocasión os selos inclúen como temas a ave do paraíso e o xílgaro.

A ave do paraíso é unha planta orixinaria de África do Sur aínda que o seu cultivo está xa estendido por todo o mundo e, grazas aos invernadoiros, agroman as súas flores en distintas épocas do ano. Esta flor exótica, con forma de cabeza e peteiro de ave, do xénero e especie Strelitzia reginae, medra nunha planta herbácea, perenne e rizomatosa, con follas coriáceas persistentes, grandes, de cor verde agrisada, moi pecioladas, de forma oval e oblonga, con nerviación mediana e ondulada. Do talo de cada planta xorden entre 6 e 8 flores en posición horizontal, compostas de grandes sépalos de cor amarela alaranxada e de tres pétalos de cor azul. A súa raíz é bulbosa e a súa reprodución é por sementes plantadas, por división de plantas e incluso a súa polinización é realizada por paxaros. A ave do paraíso, pola súa beleza ornamental, é moi utilizada en florería.

O xílgaro ou Carduelis carduelis é un paxaro duns 12 cm de lonxitude e pertence á familia dos frinxílidos. E moi valorado polas súas variadas cores de plumaxe e os seus chíos. De aí que o seu destino sexa a gaiola. A súa cabeza é branca e negra cunha máscara vermella, brillante denominada érbedo. Ten o peteiro curto e cónico que utiliza para fragmentar as sementes das que se alimenta. As súas ás son negras con franxas brancas e amarelas e a súa cola tamén negra.

O torso é pardo e o seu peito e ventre brancos. Habita en zonas de monte baixo onde aniñan. As parellas fórmanse ao final do inverno nas bandadas errantes. A femia pon de abril a agosto entre 4 e 6 ovos e a súa incubación dura uns 13 días. Despois de dúas semanas as crías voarán.