Data de emisión: 15 xuño 2006

PERSONAJESAl Idrîsî (Geógrafo)

CONSULTAR TARIFAS

PERSONAJESAl Idrîsî (Geógrafo)

HISTORIA

O nome de Abu Abdallah Mohamed Ben Idrisi, máis coñecido como Al Idrisi, pasa a formar parte da serie Personaxes, unha das máis amplas e coñecidas da nosa filatelia.

Al Idrisi foi un eminente xeógrafo e cartógrafo do medievo ao que se supón nacido en Ceuta arredor do ano 1100. Formado cientificamente en Córdoba, viaxou por España, Norte de África, Asia Menor, Exipto e Siria, países dos que fixo minuciosas descricións xeográficas alcanzando gran renome. A súa fama chegou á corte de Roger II, rei de Sicilia, quen lle encargou que realizara unha obra que describira todo o mundo coñecido nese momento. Para levar adiante o traballo científico, enviáronse emisarios por todos os países acompañados de debuxantes que describiron os puntos do percorrido. Al Idrisi compilou a información escrita dos xeógrafos árabes, verificou esta información con viaxeiros experimentados e rexeitou os datos contraditorios. O proceso de compilación durou 15 anos e o de redacción tres. O resultado final foi o famoso Libro de Roger, unha obra que, aínda que incompleta, constitúe unha fonte de información básica para os estudos de Xeografía da Idade Media O Libro de Roger estrutúrase en 69 mapas, correspondentes aos sete climas (latitudes) nos que dividiu o mundo segundo o sistema dos astrónomos islámicos, dez seccións, un mapamundi e un texto comentado de cada un dos mapas. Nos textos descríbense a natureza, os camiños, as distancias, a agricultura e o comercio de cada un dos mapas representados. Pódese considerar que o conxunto da obra é un claro exemplo de reconciliación entre a Xeografía descritiva e a astronómica. Do libro consérvanse dez copias manuscritas anteriores ao século XVII, sendo a máis antiga a da Bibliothèque Nationales de France, en París. Un dato que chama a atención é que os mapas aparecen en sentido inverso ao utilizado na actualidade (o norte abaixo e o sur arriba). Médico, farmacólogo e coñecedor do latín e do grego, Al Idrisi publicou varios libros de versos e unha compilación botánica coa descrición de 360 fármacos ordenados alfabeticamente. Por haber prestado os seus servizos ao rei cristián foi mal visto polos seus homólogos e os escritores musulmáns, recoñecedores da súa valía, citaron a súa obra pero abstivéronse de dar o nome do autor. Morreu en Palermo entre 1164 e 1166.