Data de emisión: 25 outubro 2006

PRIMEROS CARTEROS

CONSULTAR TARIFAS

PRIMEROS CARTEROS

HISTORIA

O 8 de outubro de 1756 nomeáronse en Madrid os primeiros doce carteiros distribuidores de cartas por quarteis. 250 anos máis tarde, conmemórase esta efeméride coa emisión titulada Día do Selo.

Ata ben entrado o século XVIII a forma habitual de recoller as cartas era pasando pola Administración Xeral de Correos, onde un representante postal lía en voz alta os nomes dos destinatarios e expoñía as listas dos que non retiraran os envíos. A acumulación de cartas sen recoller deu lugar a que moitos particulares e ociosos se fixeran cargo das cartas dirixidas a outros e llas entregaran nos seus domicilios, recibindo a cambio un cuarto de real polo servizo prestado. Para cortar esta práctica, mellorar o servizo público e asegurar o beneficio da Renda Pública publicáronse, o 7 de outubro de 1756, as Ordenanzas que deben gardar o Administrador, Escribentes, Carteiros e Mozo do Oficio de Cartas-sobrantes de Listas de Madrid, chamado Carteiro-Maior. A normativa estaba formada por 19 Autos de Providencia e sinalaba, entre outros puntos, que se nomearían doce carteiros para o reparto de cartas sobrantes para cada un dos quarteis ou barrios en que se dividía a cidade. Así mesmo, indicaba que por cada carta entregada recibirían un cuarto de real, que deberían saber ler e escribir, vivir dentro da demarcación do seu barrio, se fora posible, e facer xuramento de fidelidade ao cargo. Outro dos puntos sinalaba que se os destinatarios das cartas se ausentaban da Corte, os carteiros deberían indagar o novo paradoiro para dirixirlles alí os envíos. As ordenanzas contaron co acordo e parecer de Pedro Rodríguez Campomanes, nese momento asesor xeral da Renda de Correos e Postas, ante quen os novos carteiros xuraron, o 11 de outubro de 1756, o desempeño das súas funcións. Acababa de nacer a profesión de carteiro. En 1798 concedéuselles aos empregados de Madrid o uso de uniforme, pagado ás súas expensas, composto por casaca azul, volta e chupa encarnada, botón dourado cunha orla que dicía Real Renta de Correos e no centro a palabra Carteiro co número correspondente.

A organización establecida en Madrid serviu de modelo para outras grandes cidades e co desenvolvemento dos servizos de Correos os carteiros foron adquirindo dereitos e obrigas que se publicaron en sucesivos regulamentos. Na actualidade son máis de 34.000 e a súa figura é a máis coñecida da organización postal.