Data de emisión: 14 setembro 2006

PUENTES IBÉRICOS. EMISIÓN CONJUNTA ESPAÑA-PORTUGAL

CONSULTAR TARIFAS

PUENTES IBÉRICOS. EMISIÓN CONJUNTA ESPAÑA-PORTUGAL

HISTORIA

As emisións conxuntas con Bélxica, Alemaña, Suecia, China e Irán, amplíanse este ano con Portugal. Para isto emítense dous selos que reproducen vistas panorámicas das Pontes Ibéricas: Internacional sobre o Guadiana en Ayamonte (Huelva) e de Alcántara sobre o río Taxo en Cáceres.

A Ponte Internacional sobre o Guadiana, vangardista e moderna, foi inaugurada en 1991. Coa súa construción quedaron suprimidas as barreiras físicas e eliminado o obstáculo natural que impoñía o río Guadiana e que impedía, tanto o desenvolvemento social, como o económico e o achegamento das comunidades portuguesa, do Algarve, e española, de Andalucía. A construción desta ponte, ademais de derribar as barreiras que impedían as relacións humanas e a comunicación entre as comunidades de ambas as dúas beiras, veu a facilitar o mellor coñecemento dos nosos veciños, a intensificar o turismo procedente dun e doutro país, a crear outra alternativa ao transporte fluvial e a eliminar as aglomeracións de pasaxeiros que noutro tempo se concentraban na fronteira. O río Guadiana, utilizado como fronteira natural e administrativa entre a Bética e a Lusitania polos romanos; cos musulmáns, entre os séculos VII e X, durante o Emirato de Córdoba, serviu de fronteira administrativa entre o Al-Garb e Al-Andalus. No século XI, cos reinos taifas de Onuba e o Algarve, o Guadiana constitúese, de novo, en fronteira. Posteriormente, os almorábides e almohades, nos séculos XI e XII, utilizárono como límite administrativo entre Sevilla e o Algarve. Xa no século XVIII, co xurdimento de Vila Real de San Antonio, a súa poboación e a de Aiamonte intensificaron as relacións humanas e comerciais, sempre condicionadas polo impedimento do río. Hoxe, coa Ponte Internacional, os obstáculos quedan salvados. A outra ponte, a de Alcántara, construída entre os anos 105 e 106 polo arquitecto Caio Lulio Lacer, é a ponte romana máis importante do mundo. Consta de seis arcos sobre o río Taxo que salvan unha distancia de 214 m e unha altura de 48 m nos arcos centrais. Posúe no centro e sobre a calzada un Arco de Triunfo no que se insiren dúas placas de mármore nas que figura o nome do emperador Traxano, a quen se dedicou, e a data de construción. A ponte construíuse para unir Norba (Cáceres) con Conimbriga (Condeixa-a-Velha). Na canle do Taxo, máis arriba da ponte, atopamos o encoro e central hidroeléctrica José María Oriol, un dos máis importantes de Europa en capacidade embalsada e en produción hidroeléctrica.