Data de emisión: 05 xaneiro 2006

SERIE BASICA

CONSULTAR TARIFAS

SERIE BASICA

HISTORIA

Co fin de atender as necesidades postais, emítese un selo da denominada Serie básica, no que se reproduce a imaxe actualizada da Súa Maxestade o Rei Don Xoán Carlos I.

O pasado día 22 de novembro celebrouse o 30 aniversario do reinado de Xoán Carlos I, xa que foi proclamado rei de España o 22 de novembro de 1975. O Rei aquel día, tras dar por pechado o longo período da ditadura, no seu primeiro e transcendental discurso, cun ton firme, decidido e seguro, dirixiuse aos españois dicindo:>. E, engadiu: >. Os conceptos: integración, consenso e concordia, proclamados polo Rei naquel momento histórico, abriron unha porta á esperanza. Tras un longo e fecundo período de transición, a democracia quedou consolidada. A contribución de Xoán Carlos I á instauración da democracia foi excepcional e decisiva. O recoñecemento ao seu labor transcende as nosas fronteiras. Desde o ano da súa proclamación, o Rei non parou de repetir que é no servizo ao Estado de Dereito democrático e no compromiso coas liberdades consagradas na Constitución onde a institución monárquica acada o seu máis pleno sentido histórico, actual e futuro.