Data de emisión: 12 maio 2007

25 Aniv. de la promulgación de la Ley Orgánica del Tribunal de Cuentas

CONSULTAR TARIFAS

25 Aniv. de la promulgación de la Ley Orgánica del Tribunal de Cuentas

HISTORIA

O 12 de maio de 1982, as Cortes Xerais aprobaron a Lei orgánica do Tribunal de Contas, máximo órgano de fiscalización económico-financeira e xurisdición contable que depende directamente das Cortes Xerais. Aos 25 anos da promulgación da lei, recórdase a efeméride coa emisión dun selo conmemorativo.

Situado en pleno centro de Madrid, rúa Fuencarral, o Tribunal de Contas álzase nunha construción de estrutura cuadrangular catalogada polo Plan Xeral de Urbanismo como “Edificio Singular”. A súa competencia xurisdicional esténdese por todo o territorio nacional, sen prexuízo dos órganos fiscalizadores de contas que existan nas comunidades autónomas e, no artigo primeiro da lei, establécese que: “O Tribunal de Contas é o supremo órgano fiscalizador das contas e da xestión económica do Estado e do sector público ... de acordo coa Constitución e a presente lei orgánica”. A norma lexislativa desenvólvese ao longo de corenta e nove artigos, nos que se analizan detalladamente as funcións e competencias que cumpre a institución, con total independencia e sometemento ao ordenamento xurídico. Entre estas funcións figuran: “A fiscalización externa, permanente e consuntiva da actividade económico-financeira do sector público” e “O axuizamento da responsabilidade contable en que incorran os que traballan ao seu cargo no manexo de caudais ou efectos públicos”. A orixe histórica do Tribunal de Contas remóntase á casa Trastámara, durante o reinado de Xoán II (1406-1454), en que se outorgan as primeiras ordenanzas completas para os contadores maiores de contas, ano 1437. Estas normas xurdiron polas dificultades que existían na recadación de tributos e na ordenación das contas, encomendándolles aos contadores maiores “a capacidade de oír e librar preitos, reclamar as débedas dos impostos non recadados, ou recadados e non ingresados nas arcas. Deste modo, convertéronse en xuíces para impoñer multas e sancións”. 545 anos separan estas primeiras ordenanzas da lei actual. No selo reprodúcese a fachada principal do Tribunal de Contas bordeado coa inscrición: “XXV Aniversario 1982-2007 Lei orgánica Tribunal de Contas”.