Data de emisión: 11 outubro 2007

AMÉRICA UPAEP. EDUCACIÓN PARA TODOS

CONSULTAR TARIFAS

AMÉRICA UPAEP. EDUCACIÓN PARA TODOS

HISTORIA

Os países que forman a Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP) poñen en circulación un selo cun tema en común dedicado a un dos temas de maior interese social: a Educación para Todos.

Na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada polas Nacións Unidas en 1948, establécese que: “Toda persoa ten dereito á educación”. Non obstante, e a pesar dos esforzos realizados por todos os países do mundo para lograr que estas palabras se fagan realidade, a escolarización e a educación segue sendo unha meta inalcanzable para moitos nenos, mozos e adultos. Durante o Foro Mundial sobre a Educación para Todos (EPT), celebrado en Dakar (Senegal) no ano 2000, establecéronse seis obxectivos alcanzables para o ano 2015 que se resumen da seguinte forma: 1. Estender e mellorar a protección e educación integrais da primeira infancia, especialmente para os nenos máis vulnerables e desfavorecidos. 2. Velar para que antes do ano 2015 todos os nenos, e sobre todo as nenas e os nenos que se encontren en situacións difíciles, teñan acceso a unha ensinanza primaria gratuíta e obrigatoria de boa calidade e a terminen. 3. Velar por que sexan atendidas as necesidades de aprendizaxe de todos os mozos e adultos mediante un acceso equitativo a programas adecuados de aprendizaxe e preparación para a vida cotiá. 4. Aumentar ata o ano 2015 os niveis de alfabetización dos adultos nun 50%, en particular tratándose das mulleres, e facilitar a todos os adultos un acceso equitativo á educación básica e á educación permanente. 5. Suprimir as disparidades entre os xéneros na ensinanza primaria e secundaria... e lograr para 2015 a igualdade entre os xéneros na educación, en particular garantindo ás nenas un acceso pleno e equitativo a unha educación básica de boa calidade. 6. Mellorar todos os aspectos cualitativos da educación ... especialmente en lectura, escritura, aritmética e competencias esenciais para a vida diaria. A principios de 2007, a UNESCO publicou o Informe de Seguimento da Educación para Todos (EPT) no Mundo, no que sinala os progresos obtidos durante estes anos, especialmente na universalización da ensinanza primaria, se ben manifesta que aínda queda moito por facer para alcanzar os seis obxectivos indicados e para lograr a aprendizaxe de todas as persoas desde a primeira infancia. No selo preséntase, a modo de quebracabezas, unha colección de letras do alfabeto coa inscrición Educación para Todos e o emblema da UPAEP.