Data de emisión: 14 xuño 2007

DEPORTES.Centenario Real Betis Balompié S.A.D.

CONSULTAR TARIFAS

DEPORTES.Centenario Real Betis Balompié S.A.D.

HISTORIA

Ponse en circulación un selo da serie Deportes dedicado a conmemorar o Centenario da fundación do Real Betis Balompié.

A historia do Betis iníciase en 1907, cando un grupo de estudantes da Escola Politécnica funda na cidade hispalense o equipo Sevilla Balompié. Dous anos máis tarde o equipo inscríbese formalmente no Rexistro do Goberno Civil, dando comezo a unha longa etapa deportiva. En 1914, o Sevilla Balompié fusiónase co Real Betis FC (creado en 1909), pasando a tomar a denominación actual: Real Betis Balompié. O seu palmarés deportivo escríbese con momentos de grandes triunfos continuados por outros de menores éxitos. Non obstante, o apoio da afección non faltou en ningún momento. Un repaso pola historia do club determina que algunhas das épocas máis gloriosas teñen lugar cara a finais dos anos 20 e na década dos 30. Así, en 1928 proclámase Campión da Copa de Andalucía e en 1931 chega á final da Copa de España alcanzando o título de subcampión. Un ano máis tarde, 1932, convértese no primeiro equipo andaluz que pasa a Primeira División e na temporada 1934/35 álzase co título de Campión de Liga. Esta etapa é continuada por outra na que as luces e as sombras conducen o equipo a descender a Segunda e Terceira División. A confianza dos seus seguidores, que enchen os estadios, convértese no apoio principal para o equipo que en 1958 remonta novamente a Primeira División. Durante dúas décadas, o Real Betis Balompié enfróntase a momentos complicados que consegue conter en 1977 ao proclamarse Campión de España (Copa do Rei). En 2005 volverá novamente a obter o título da Copa do Rei e a ser Subcampión da Supercopa de España. No ámbito internacional participou en seis ocasións na Copa da UEFA, en dúas ocasións na Recopa de Europa e nunha na Liga de Campións. O equipo bético loce uniforme de cor verde e branco, conta con 35.000 socios e máis de 318 grupos de afeccionados. No selo reprodúcese o nome do equipo sobre unha interpretación do logotipo do Centenario representado polo número 100 -cos dous ceros en caída- o escudo (formado por un círculo con dous B entrelazados, coroado na parte superior e un triángulo de trece barras verdes e brancas) e a data 1907-2007.