Data de emisión: 07 maio 2007

DÍA DEL SELLO. El asociacionismo filatélico español

CONSULTAR TARIFAS

DÍA DEL SELLO. El asociacionismo filatélico español

HISTORIA

Con motivo da tradicional emisión titulada Día do Selo, ponse en circulación un autoadhesivo dedicado ao Asociacionismo Filatélico Español co que se destaca a importancia que a unión do coleccionismo tivo ao longo do tempo.

O 10 de abril de 1869, un grupo de afeccionados ao coleccionismo filatélico creou en Londres The Philatelic Society London, a asociación filatélica máis antiga do mundo. Polo seu prestixio e recoñecemento internacional, co que segue contando na actualidade, outorgóuselle o título de Real en 1906, pasando a denominarse The Royal Philatelic Society London. Baseándose na idea inglesa, o asociacionismo filatélico foise fraguando no resto dos países. En España as primeiras asociacións xurdiron a finais do século XIX, sendo unha das pioneiras “A Sociedade Filatélica de Sevilla”, fundada en 1895. En 1900 naceu a “Unión Filatélica Valenciana” en cuxo regulamento, publicado en español e francés, se recollen detalladamente os obxectivos da sociedade. Curiosamente establece unha “Sección de Cambios” de selos entre os socios cunha “folla de ruta” rigorosamente controlada. Esta asociación e a puxante “Sociedade Filatélica Catalá”, de Barcelona, trataron desde principios do século XX de unir a filatelia española para que comerciantes e coleccionistas puideran crear círculos e sociedades filatélicas en común. En 1908 celebrouse en Zaragoza o Primeiro Congreso Filatélico Español e en 1909 tivo lugar en Valencia a Primeira Exposición Filatélica no noso país. Paulatinamente continuaron celebrándose encontros sobre filatelia, nos que cada vez con maior interese se considerou a necesidade de crear unha asociación de carácter nacional que aglutinara a todas as existentes. Isto fíxose realidade en 1963 coa fundación da “Federación Española de Sociedades Filatélicas” que ten como finalidade promover, fomentar e desenvolver a filatelia, a numismática e outras actividades análogas de coleccionismo, así como fortalecer as relacións entre as sociedades filatélicas que se integran nela a través das federacións territoriais que existen en cada comunidade. A nivel internacional existen diferentes federacións de asociacións filatélicas. A “Federación Internacional de Filatelia” (FIP), a “Federación Europea de Asociacións Filatélicas” (FEPA), a “Federación Interamericana de Filatelia” (FIAF) e a “Asociación Internacional de Experto en Filatelia” (AIEP), encóntranse entre as máis relevantes.