Data de emisión: 23 marzo 2007

EFEMÉRIDES. 50 Aniv. de la C.E.E.

CONSULTAR TARIFAS

EFEMÉRIDES. 50 Aniv. de la C.E.E.

HISTORIA

Máis de 490 millóns de cidadáns de 27 Estados europeos conmemoran este ano o 50 Aniversario da Comunidade Económica Europea (CEE); unha organización internacional con fins económicos, políticos e sociais que promove valores como a democracia, a liberdade e a xustiza social entre os países membros.

A idea de crear unha Europa unida, en paz e en desenvolvemento, xorde tras finalizar a Segunda Guerra Mundial, pero non se faría realidade ata 1957 coa sinatura dos Tratados de Roma entre Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos, polos que se crearon a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM). O nacemento da CEE foi o punto de partida dun mercado común de bens que iría evolucionando co paso dos anos ata constituírse nunha unidade de nacións, coa libre circulación de persoas, mercancías, bens e servizos. Aos seis países asinantes do acordo uníronselles, en 1973, tres novas potencias: Dinamarca, Irlanda e Reino Unido. En 1981 faríao Grecia e, seguindo a orde cronolóxica, en 1986 ingresarían España e Portugal. En 1995 adheríronse Austria, Finlandia e Suecia; e en 2004 a República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia. Finalmente, o 1 de xaneiro de 2007 uníronse Bulgaria e Romanía, completando, así, a lista dos 27 países que forman a organización. En 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastrich, pasou a denominarse Unión Europea (UE). Un dos grandes logros económicos da Unión foi a posta en circulación da moeda única: o euro, en 2002. Na actualidade esta moeda é compartida por 13 Estados. A UE conta con cinco institucións que cumpren funcións específicas: o Parlamento Europeo; o Consello da Unión Europea; a Comisión Europea; o Tribunal de Xustiza da Unión e o Tribunal de Contas Europeo. O 26 de maio de 1986 estreouse a bandeira oficial, formada por un círculo de doce estrelas amarelas sobre fondo azul. As doce estrelas aparecen situadas como as horas na esfera dun reloxo e o seu número é invariable. A bandeira europea non substitúe as dos Estados membros posto que cada país conserva a súa propia. O selo conmemorativo do 50 Aniversario da CEE reproduce o mapa de Europa cos anos de integración de cada país agrupados en bloques de cores baixo as doce estrelas douradas, símbolo da solidariedade entre os pobos europeos.