Data de emisión: 16 abril 2007

EXFILNA 2007. PALMA DE MALLORCA

CONSULTAR TARIFAS

EXFILNA 2007. PALMA DE MALLORCA

HISTORIA

A Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA 2007), unha das mostras máis importantes da filatelia española, acontecemento co que se pretende dar un novo impulso e estímulo ao coleccionismo de selos, ten este ano como sede, da súa xa XLV edición, a cidade de Palma, que acolle durante os días 16 ao 22 de abril no Centro Cultural da Misericordia os contidos da exposición, ademais das distintas casetas de Correos e doutras institucións. Para esta nova edición de EXFILNA emítese, como xa é habitual, unha folla bloque cuxo motivo, tanto no selo como na propia folla, é unha vista da cidade de Palma na que, nun primeiro plano, aparece o palacio da Almudaina e, ao fondo, unha panorámica en perspectiva da Catedral de Mallorca, vista recreada na súa fachada principal e na que dá ao mar.

O palacio da Almudaina, antiga residencia dos gobernadores musulmáns da illa, convertido en residencia real dos reis de Mallorca durante os séculos XIII e XIV, é actualmente museo. Da Almudaina salientan a fachada que dá ao mar, cunha galería flanqueada de torres con ameas, o tinell ou salón gótico e a capela de Santa Ana, que foi mandada construír por Jaume II, ten unha portada románica e nela consérvase un interesante retablo do século XV. A catedral de Palma, popularmente coñecida como La Seu, é o principal edificio cristián da illa de Mallorca. Foi construída sobre as ruínas da mesquita de Medina Mayurqa. De estilo gótico levantino, polas súas elevadas bóvedas, é unha das máis altas de Europa. A súa construción iniciouse en 1229, despois da reconquista da illa pola Coroa de Aragón, e foi consagrada en 1346 aínda que os traballos continuaron en séculos posteriores. Conta cun enorme rosetón presidindo o altar maior e salientan a capela da Trinitat de 1329, con tumbas talladas por Frederic Marés, a capela Reial e o Baldaquino de Gaudí e a capela de Sant Pere, que acolle as pezas cerámicas de Miquel Barceló. Na illa de Mallorca, cuxo nome chegou a ser sinónimo de turismo, de mar e de praia, a cidade de Palma sorprende polo seu rico patrimonio cultural e pola súa actividade comercial. De esta hoja bloque se realizó una prueba de Artista con el sello en negro.