Data de emisión: 01 outubro 2007

FLORA Y FAUNA

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNA

HISTORIA

A serie de Flora e Fauna dedica esta emisión á calandra de Dupont e á margarida. Dun e doutro valor aparecen as súas imaxes reproducidas en selos autoadhesivos conformando talonarios de 100 unidades ou efectos en cada un.

A calandra de Dupont (Chersophilus duponti) pertence ao grupo dos aláudidos (Alaudidae) e á orde dos paseriformes de vida terrestre. Viven en zonas esteparias de vexetación escasa, polo que se localizan en páramos do Sistema Ibérico, A Mancha e zonas secas de Andalucía. Son aves de pequeno tamaño que se alimentan de insectos e herbas. A poboación de calandra de Dupont encóntrase en declive debido á perda de hábitat polo cultivo das estepas de vexetación natural. É unha especie en perigo de extinción, pois en España, país de Europa onde unicamente se localiza, estímase que queden menos de 2.000 parellas. As características da súa plumaxe críptica co medio fan que sexa unha especie dificilmente observable. Máis que voar longas distancias, corre entre os arbustos e, como a maioría dos paxaros que viven en terra, ten poutas grandes e longas que lle proporcionan estabilidade. A calandra de Dupont pon entre dous e seis ovos en terra.

A margarida común (Bellis perennis) é unha planta herbácea da clase magnoliopsida e da familia asteraceae. É unha herba de pequena altura e a flor é acampanada. Ten un rizoma rastreiro e follas dentadas con forma de espátula de dous a cinco cm de longo. Nun talo floral, sen follas, prodúcense inflorescencias con forma de disco de dous a tres cm de diámetro e pétalos brancos ou amarelos. A flor péchase durante a noite e ábrese novamente durante o día. É comestible e a infusión de follas e flores considérase depurativa e diurética. A margarida florece en inverno ou a principios da primavera.