Data de emisión: 02 xullo 2007

FLORA Y FAUNA. Jacinto y Ruiseñor común

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNA. Jacinto y Ruiseñor común

HISTORIA

Esta nova serie de selos dedicados a Flora e Fauna, como as anteriores emitidas en talonarios de selos autoadhesivos, dá a coñecer outra planta, o Xacinto e outro paxaro, o Reiseñor común.

O xacinto é unha planta bulbosa de floración primaveral. Consta de talo, follas e flores que están comprimidas e encerradas dentro do bulbo. Procede o xacinto ou Hyacinthus orientalis, planta pertencente á familia das liliaceae, de Turquía, Líbano e Siria. Alcanza unha altura de 25/30 cm. Posúe entre catro e seis follas carnosas e erectas de cor verde intensa. A súa inflorescencia é en acio con numerosas flores que poden ser de tonalidades en branco, amarelo, azul violeta ou rosado. O xacinto é un bulbo de extracción e plantación anual, en outono. É unha planta moi estimada pola súa beleza e perfume. Cultívase en xardíns, en macetas e en recipientes con auga. Entre os principais grupos de Hyacinthus orientalis está o chamado Xacinto de Holanda, país que xunto con Bélxica asegura preto do 95 % da produción mundial, que ofrece unha ampla gama de cores e ten a súa floración a mediados de marzo, e o Xacinto Romano, que se cultiva na Riviera francesa e italiana, con floración moi temperá e en ton brancos.

O Luscinia megarhynchos ou reiseñor común é un paxaro da familia dos Turdidae moi apreciado polo seu melodioso canto. A súa plumaxe ofrece como característica destacada a cor parda avermellada das plumas supracobertoras e da cola. As partes inferiores son pardo agrisadas, máis brancas na garganta e o ventre e máis pardento o peito. Pola plumaxe os sexos son case indistinguibles. O seu tamaño é duns 16 cm de lonxitude e 24 cm de envergadura. Vive en zonas provistas de vexetación baixa e en ribeiras arboradas próximas a regueiros, lagoas e ríos. Aliméntase de insectos, larvas e froita. Constrúe a seu niño nunha tupida vexetación, onde realiza a súa única posta anual, consistente en catro ou cinco ovos. É migrador, xa que nos chega en primavera procedente do continente africano ao que regresa en outono onde inverna.