Data de emisión: 01 xuño 2007

MICOLOGÍA

CONSULTAR TARIFAS

MICOLOGÍA

HISTORIA

Con esta emisión de MICOLOXÍA, que Correos pon en circulación, móstranse dúas setas moi comúns e coñecidas en España: a AMANITA MUSCARIA e o TRICHOLOMA EQUESTRE.

AMANITA MUSCARIA: Coñecida vulgarmente como Matamoscas. O nome de MUSCARIA débese a que produce paralización das moscas e outros insectos cando se pousan nela. O sombreiro é moi vistoso e vai desde a cor vermella ao laranxa amarelento. Ao principio é como unha bola que despois se abre e se agranda. Está cuberto de pequenas escamas brancas similares a copos de neve que son restos da volva que ao principio a envolve. Pode medir entre 10 y 25 cm. As láminas son de cor branca ao igual que o pé. Este está provisto dun vistoso anel, ten unha lonxitude de 15 a 24 cm e esta na súa base envolto por unha volva. Crece en outono en bosques de coníferas e frondosas, normalmente en grupo. E unha seta velenosa, aínda que non mortal. A súa inxestión produce trastornos neurolóxicos e gastrointestinais graves, que se manifestan ao pouco tempo de inxerila. Atribúenselle tamén propiedades alucinóxenas.

Aínda que difícil, é posible a súa confusión coa Amanita caesarea. Esta carece das escamas brancas e a cor do pé e das láminas é amarela, pero na AMANITA MUSCARIA a chuvia pode facer desaparecer as escamas brancas e incluso co tempo as láminas e o pé poden adquirir tonalidade amarelenta. TRICHOLOMA EQUESTRE, coñecida tamén co nome de “Seta dos cabaleiros”. O sombreiro é de cor amarela cuberto de escamas de cor marrón, oliva ou amarela máis escura, máis intensas no centro. Ao principio é convexo e despois faise plano e mide entre 4 y 10 cm de diámetro. As láminas e o pé son de cor amarela podendo alcanzar este 10 cm de lonxitude. Crece en outono e principios de inverno en bosques de piñeiros.