Data de emisión: 19 xullo 2007

NATURALEZA

CONSULTAR TARIFAS

NATURALEZA

HISTORIA

Son varios os selos que viron a luz relativos ao tema de Natureza. Aí están as emisións dedicadas ás Médulas, Monte Perdido, Ribeira Sacra, Parque Natural Cabo de Gata-Níxar, Órganos de Montoro do Maestrazgo, Illas Cíes, Delta do Ebro e Caldeira de Taburiente. A eles únenselles dous novos valores referidos ao Parque Natural da Albufeira e ao das Lagoas de Ruidera. Ambos os selos ilústranse con panorámicas dos dous parques.

Próximo á cidade de Valencia, atopamos o Parque Natural da Albufeira que foi declarado como tal polo Goberno valenciano o 23 de xullo de 1986. Consta dunha superficie de 21.039 Ha e comprende o lago, coñecido como Albufeira, o seu contorno húmido, e o cordón litoral, denominado Devesa do Saler. Este parque presenta clima mediterráneo. A flora nas zonas que anteriormente formaban parte do lago como neste é escasa, aínda que a franxa areosa costeira é rica en variedades vexetais entre as que figuran a alaterno e o lentisco. Tamén en zonas de substrato rochoso hai plantas típicas do bosque mediterráneo como o piñeiro carrasco, o romeiro, a aliaga e o tomiño, mentres que nas zonas húmidas se encontran especies somerxidas, flotantes e palustres como o carrizo e a enea. En canto á fauna, no lago hai anguía e robaliza, ademais doutras especies de peces propios da zona. Pero se en algo destaca o parque da Albufeira é na súa extraordinaria riqueza avícola entre as que sobresaen en número o pato colorado e o anátido real, ademais da garza e a gaivota.

O Parque Natural das Lagoas de Ruidera sitúase en territorio de Castela-A Mancha, concretamente nos municipios de Ruidera, Argamasilla de Alba e Vilafermosa, na provincia de Cidade Real e en Ossa de Montiel, na de Albacete. Consta este parque dun conxunto de 15 lagoas situadas lonxitudinalmente ao longo dun val. Aparecen separadas entre si por barreiras naturais que forman fervenzas, regueiros e correntes subterráneas, que enlazan cada lagoa superior coa seguinte. Tamén forma parte do parque o encoro de Peñarroia, sendo a súa superficie total de 3.772 Ha. Dentro do seu territorio quedan como vestixios do pasado os castelos de Peñarroia e Rocafrida. Aínda que nas súas augas hai abundancia vexetal, constituída por carrizo e espadana, ademais da presenza de peces, as lagoas atraen unha gran variedade de fauna, en particular de aves que utilizan os espazos para invernar.