Data de emisión: 31 outubro 2007

NAVIDAD 2007

CONSULTAR TARIFAS

NAVIDAD 2007

HISTORIA

Nas emisións dedicadas ao Nadal, están presentes alternativamente asuntos que simbolizan a festividade do Nadal e temas pictóricos clásicos recreados en obras de importantes artistas.

O ilustrador, debuxante e escritor, Joan Ferràndiz i Castells (Barcelona, 1917-1997), formouse na Escola de Belas Artes de Barcelona. É coñecido, internacionalmente como ilustrador de temas do Nadal. Tamén ilustrou numerosos contos, debuxos animados e libros infantís. As súas fermosas ilustracións quedaron para a posteridade reunidas en diversos contos e libros “troquelados”, cuxos títulos se acompañaban de xoguetes. Exemplo disto son: Mariuca la castañera, La ratita presumida y La flauta mágica. Pero sobre todo, onde se viu plasmada a súa creación foi no campo das postais do Nadal. A maior parte destas felicitacións que circulaban por este país durante as décadas dos anos 50 e 60 eran da súa autoría. A súa creación, nesta faceta, caracterízase pola gran profusión de detalles que aparecen nas súas composicións. O selo que agora ilustra unha obra de Ferràndiz, reproduce unha felicitación na que aparecen uns personaxes portando elementos que simbolizan o Nadal e que emerxen do interior dun sobre destinado ao correo aéreo.

A escultura renacentista de Damián Forment (Valencia, 1480, Santo Domingo da Calzada, 1540), vese plasmada neste fragmento do retablo que reproduce o selo e que representa a Epifanía. O escultor Forment formouse no obradoiro do seu pai. Tivo durante o século XVI unha importante actividade na realización de retablos. Da súa autoría hai en Aragón diversas obras. De aí que o relevo da Adoración dos Reis, realizado en alabastro, situado na catedral de Huesca, xurdira como froito das súas numerosas intervencións escultóricas en catedrais e templos de terras aragonesas.