Data de emisión: 09 novembro 2007

VIDRIERAS. BANCO DE ESPAÑA

CONSULTAR TARIFAS

VIDRIERAS. BANCO DE ESPAÑA

HISTORIA

Co conxunto de vidreiras, realizadas pola Casa Maumejean, situadas no Patio de Operacións do Banco de España, pola súa temática alegórica, esta entidade réndelle homenaxe ao mundo do traballo e aos diferentes oficios.

A Casa Maumejean Hermanos, cuxo obradoiro foi fundado en 1860, contou con establecementos en París e Madrid. En España converteuse no taller vidreiro máis importante do século XIX, sobre todo cando se estableceron aquí os irmáns José e Enrique Maumejean. Da Casa Maumejean hai varias vidreiras en construcións madrileñas como o colexio Blanca de Castilla, o edificio Prensa Española e casas particulares da Gran Vía e de Alfonso XII. Tamén a situada na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid, xa reproducida na serie Vidreiras, é execución desta firma. De igual maneira, en Barcelona e Cataluña hai varias creacións dos irmáns Maumejean como son as vidreiras de Caixa de Sabadell, ademais das da barcelonesa casa Pérez Samanillo e de varias catedrais españolas nas que interviñeron restaurando e repoñendo os seus vidrais. A actividade dos Maumejean estivo dedicada á restauración de vidreiras antigas e á realización de novas. Estas últimas, en variados estilos con predominancia do ecléctico. Esta vidreira, xurdida no obradoiro dos Maumejean de Madrid, malia que é norma da empresa que os seus artistas e artesáns nunca asinen as súas creacións, é autoría de Alberto Martorell, un dos mellores artistas vidreiros do século XX, artífice dos bosquexos e cartóns nos que se basea este singular traballo artístico. Tanto as figuras como a decoración desta vidreira, desde a súa composición e historicismo, preludian as formas e gustos propios do art nouveau, art dèco e da estética modernista. A folla bloque e selo ilústranse coa imaxe dun traballador realizando tarefas propias dunha fundición de metais. De esta hoja bloque se realizó una Prueba de Color .